COMO GOZAN OS NOSOS PEIXIÑOS COA SEMANA DE PUERTAS ABERTAS Á FAMILIA!

09/06/2022

Estes días, do 6 ao 12 de xuño, estamos a celebrar en Máis que Auga a Semana de Portas Abertas de Pais e Nais para os nenos/ as que estean a realizar un curso de natación connosco.

 

Son uns días moi especiais, xa que os pais e nais (ás veces son os avós os que veñen e gozan moitísimo) poden ver de cercar aos pequenos/as  na auga e comprobar a súa evolución. Pero se lles fai ilusión aos proxenitores, case vos podemos dicir que moita máis lles fai aos “nadadores”, que se esforzan moitísimo por sorprender e mostrar a súa “mestría” na auga.

 

Así que nos “coamos” nunha das clases de Coia e sentámonos con  Merchi, Estefanía e Lara a ver aos grandes protagonistas da historia. Merchi explicounos que a súa filla Elba (11 anos) comezou en natación desde moi pequeniña, pero que o deixou durante un tempo e que o retomaron hai tres anos: “Agora vén encantada cos súa amiguiña”, cóntanos Merchi, quen considera que a natación é unha actividade moi chula e necesaria”. Había que ver a Elba nadando de costas e a que velocidade!

 

Estefanía é a mamá de Laura (10 anos), que é a  amiguiña de Elba, e tamén, como ela, tivo un parón, pero retomou a natación con moitas ganas e agora non quere fallar nunca. Tanto  Merchi como Estefanía dinnos que viñeron á Semana de Portas Abertas sobre todo polas nenas, “failles moitísima ilusión. Eu non podía polo traballo e saín antes para poder vela e quedou encantada”, contounos  Merchi. Na nosa conversación non podía faltar a pandemia e como afectou aos pequenos da casa, e coinciden en sinalar “as ganas que tiñan de facer actividade física e o ben que se portaron, adaptándose á situación, moito mellor que nós”.

 

E a terceira nai coa que falamos foi Lara, que no seu caso acompaña a Yago, de sete anos, que vén aos cursos de natación de Máis que Auga desde que ten catro. Lara asegura que está encantada con todo en xeral (instalacións, profesores…), pero “o que máis me importa é que Yago está feliz e cando lle digo que temos piscina, móstrase encantado e con ganas de vir. Iso é o máis importante de todo para min”.

 

E chegou o momento de despedirnos e deixar que poidan sacar fotos ou gravar vídeos aos seus peques, mentres que miramos con envexa esa auga que nos di… métete! A próxima vez será!