Como acceder ás clases virtuais na APP Máis que Auga

18/03/2020

Pese ao encerro obrigatorio provocado pola crise do COVID-19, non temos que deixar de facer exercicio! Os nosos socios e socias poderán acceder a máis de 350 clases virtuais a través da nosa APP de forma totalmente gratuíta ata o 31 de marzo.

 

Se tes activa a APP no teu móbil e a utilizas habitualmente, non terás problema algún! Simplemente tes que despregar o menú e acceder a pestana de virtuais, onde poderás elixir entre as diferentes modalidades.

 

Cal pode ser o problema? Es novo socio e aínda non activaras a APP? Esqueciches a túa contrasinal para acceder á APP?  No momento no que te deches de alta en Máis que Auga enviáronche un correo electrónico de benvida dende onde tes acceso para crear a túa clave, así que se aínda o conservas podes acudir a este correo para dende aí crear a túa clave.

Se xa tiñas unha contrasinal e non a lembras, o proceso é sinxelo. Ao acceder á APP aparece unha pantalla na que te piden usuario/e-mail, onde porás o correo electrónico que facilitaches a Máis que Auga. Debaixo aparece “contrasinal” (a que non recordas) e na parte inferior da pantalla aparece “obter/recuperar contrasinal”, que será onde debes marcar. Recibirás un correo electrónico cun enlace para poñer unha nova contrasinal (a que ti decidas) e unha vez o fagas e remates ese proceso, xa poderás acceder á APP coa nova clave de acceso.

 

No seguinte vídeo podes ver os pasos para recuperar a contrasinal, tal e como te acabamos de indicar.

Como acceder á APP

Se se produce algún erro e non funciona o restablecemento de contrasinal, envíanos un correo electrónico a info@maisqueauga.com, e solucionaremos o problema coa máxima celeridade.