Comezan os Máis que Retos para que vos superedes cada día

21/04/2016

Máis que Auga pon en marcha, nos tres centros de Barreiro, Coia e Navia, unha nova iniciativa: Máis que retos. A idea ten como obxectivo ofrecervos algo máis, dar unha motivación extra para que veñades cada día as nosas instalacións con gañas de superarvos. O reto é que unha das partes de adestramento que facedes habitualmente, sirva para competir con outras persoas que fan o mesmo, para promover a relación cos nosos monitores e entre os usuarios.

Cada quince días plantexaremos un reto, no que hai un día de inicio e outro de fin. Os retos poden realizarse, durante ese período, tantas veces como queiras para superarte, e será o técnico o que anotará no trainingym o resultado, o supervise e o cuantifique.  Con esta actividade tamén buscamos que sigades sacando rendimento as nosas pantallas trainingym e comprobedes os seus beneficios.

O primeiro reto de proba, durante o inicio de abril foi a realización de Burpees en un minuto. O seguinte, que empeza esta semana, é no remoergómetro. Trátase de facer a maior distancia (medida en metros) nun tempo de 3 minutos. Remata o 30 de abril.

Entre os participantes con mellor puntuación, en xuño realizaremos unha proba final cos 5 mellores usuarios e usuarias de cada instalación que rematará cunha entrega de premios.