Comezan as obras de mellora no centro de Coia

26/06/2019

Comezan as obras de ampliación e mellora nas instalacións de Máis que Auga Coia. A partir de mañá 27 de xuño pecharemos o spa, que permanecerá inactivo ata o 17 de agosto. Durante este período @s nos@s usuari@s poderán utilizar os spa de Navia e Barreiro.

Nas obras que estamos a piques de arrancar imos facer unha placa sobre o spa, o cal nos permitirá ampliar a sala fitness en 250 metros cadrados. Así, cambiaremos de sitio a sala de ciclo indoor, que pasará a ubicarse na zona de recente creación, e contaremos cun novo sistema de audio, iluminación e vídeo. Ademais, crearemos unha nova sala para outras actividades.

E non será o único. Imos mellorar o  sistema de climatización existente, contaremos con novas máquinas cardiovasculares de última xeración e estrearemos o sistema de adestramento monitorizado e intelixente E-Gym Visión, que aínda non se utilizou nin en Vigo nin en Galicia. En total será un investimento de 600.000 euros.

E todas estas melloras estarán rematadas a comezos de setembro, cando daremos por inaugurado o novo centro Máis que Auga en Coia, que foi precisamente o primeiro dos nosos centros en Vigo,  e que se convertirá nunha das mellores e máis innovadoras instalacións deportivas de toda Galicia.

Por anticipado, pedímosvos desculpas polas posibles incidencias e  solicitamos  comprensión nestes días. Seguimos mellorando por e para tod@s vo@s!