Comezamos a nova tempada con grandes novidades!

31/08/2019

Chega setembro, a volta á normalidade, e o inicio da nova tempada tamén para  Máis que  Auga. Como sempre, empezámola con forzas renovadas e con ganas de sorprendervos con novas actividades e propostas diferentes para animarvos a seguir cunha vida sa e deportiva.

 

Porque  Máis que  Auga non é só un ximnasio no que utilizar as nosas máquinas, que seguimos renovando ano a ano para ofrecervos as últimas novidades do sector, senón que queremos ser moito máis. Por iso en cada un dos nosos centros ofrecémosvos máis de 350 clases semanais, das cales en 200 delas con presenza dos nosos técnicos para axudarvos e facervos o exercicio máis divertido. Ademais, lembrade que, das clases incluídas no abono, os nosos socios poden ir a todas as que queiran, sen limitación de número máximo, máis aló de que o aforo das clases estea completo.

 

E cales serán as novidades da tempada 2019/20? Moitas e variadas! Iremos aos poucos informando das mesmas a través da nosa web e redes sociais, pero aquí vai un pequeno avance:

 

Coia

No noso centro de  Coia as novidades son maiores, xa que este verán realizouse unha reforma case integral no centro. Nuns días procederemos á apertura da zona ampliada na sala fitness, o que supoñerá 250 metros cadrados máis para poder facer deporte, pero aínda hai máis. Desde hai uns días, xa se aprecia a nova climatización no centro, e aos poucos iredes vendo as novidades en material  e instalacións (nova sala de  bike, unha sala de actividades, iluminación..).

En poucos días, estrearemos a solución intelixente de  eGym  co seu equipamento de forza e pantalla  VISION de 15,6 polgadas. Este circuíto de forza, que será o primeiro en Vigo, permitirá que o adestramento dos nosos socios será máis eficiente e divertido. Ademais, en breve apreciaredes a renovación do material deportivo, con 15 unidades novas de última xeración de cintas, elípticas e bicicletas. E non vos esquezades de pasar polo spa, que quedou verdadeiramente fantástico: Para recuperar enerxía despois dunha dura semana de traballo, a mellor fórmula!

 

E ademais, haberá novidades nos cursos e actividades: O “Quartet  PoolGym” é unha máquina  hidrodinámica para catro persoas, que permite exercitar diferentes partes do corpo e que estará instalada na piscina de  Coia; haberá novos cursos de  Ioga,  Aquagym, bebés en auga… e a partir de outubro,  aguapilates…

Barreiro

No centro de Barreiro aos poucos iredes apreciando que se melloraron (e seguimos)  infraestruturas e renovado material, en vestiarios, sauna, salga fitness, piscina e as pistas de pádel.

Así, por exemplo, na piscina poderedes gozar dunha zona de traballo funcional e zonas de circuítos guiados na auga, que vos ofrecerá un traballo eficaz e divertido no medio acuático. Ademais, creouse unha nova categoría de curso, natación  elite, que dará cabida a toda aquela xente que quere adestrar natación seguindo unha planificación e con clases de maior duración da habitual.

No  box de  Wodfit tamén teremos novidades. Introdúcese unha nova actividade ( HBX  Boxing) e melloras no espazo, que agora será máis acolledor, con máis posibilidades de adestramento e con moitos “xoguetes”novos.

E imos coas actividades! Incorporamos  Taichi, teremos novas clases de Ioga pola tarde e, como vos diciamos antes, incluímos unha nova actividade complementaria ao  Wodfit, que será o  HBX  Boxing, un programa de adestramento con música que utiliza as artes marciais.

 

Navia

Igual nos outros centros, houbo renovación de material deportivo, algo que poderedes apreciar na sala fitness. Tamén  incluímos novos servizos, que estamos seguros de que vos van a sorprender positivamente. No gabinete de tratamentos contaremos a partir de agora con  presoterapia, un servizo moi recomendable para recuperar as pernas cansas despois dun duro adestramento, para previr lesións musculares,  hinchazón e contracturas, grazas á masaxe co que se mellora a circulación sanguínea.

Outra das estreas da tempada será o   Scáner 3D  Styku, que nos permitirá realizar un  escaneo do  corpo en tres dimensións. Co  Scáner  Styku poderás ver como evoluciona  o teu corpo a medida que avanza o adestramento, as dietas ou os procesos de recuperación.

E ademais, en clases dirixidas contamos con moitas novidades: Incorporamos Ballet  Kids para nenos a partir de 4 anos,  novas clases de  Bike,  Gap,  Ioga, Pilates (en sala) e de  Aquagym e  AF Auga en piscina.