Comezamos cos directos en Casagym!

03/02/2021

Máis novidades en Casagym.TV! Sabedes que queremos que sigades en forma, que non descoidedes os vosos adestramentos, xa que estamos seguros de que iso vai axudarvos tanto para estar fortes como para manter o estado anímico alto.

 

Por iso, Máis que Auga abre Casagym.tv a todos os seus socios/as e cursillistas de forma gratuita! Nesta plataforma tedes actividades dirixidas grabadas polos nosos técnicos/as, pero ademais, para axudarvos nesta situación de semiconfinamento, estamos a subir novas clases todos os martes e xoves, para que teñades máis opcións entre as que elixir y de diferentes modalidades. Unha das novidades será que comezamos coas clases para embarazadas, xa que elas nos necesitan máis que ninguén para prepararse para o parto e chegar nas mellores condiciós. Estas clases estarán subidas no apartado “Corpo e mente”, no que ademáis teredes outras sesións moi recomendables para as futuras mamás, como estiramentos, ioga ou mobilidade.

 

Pero ademais tamén teredes clases en directo abertas a toda a cidadanía! Cando? Os luns, mércores e venres,a partir das 19:00 horas!! Buscade un sitio cómodo no salón de casa, o mesmo que utilizáchedes no confinamento de marzo pode servir, e imos xuntos a facer deporte como se estivéramos nas nosas instalacións. Hoxe mércores 3 de febreiro teremos o primeiro dos nosos directos e será unha clase de Core que ofrecerá Jesu e o venres, á mesma hora, poderemos facer Pilates xunto a Eva.

 

Así que seguide conectados a Máis que Auga e nós seguimos conectados a vós!!