Comeza a tempada con bo pé!

30/08/2017

Comeza a tempada con bo pé! Aínda non formas parte do grupo de running Máis que Auga? Se o teu é correr non tes porqué facelo só. Aproveita que  comeza a nova tempada e apúntate. A filosofía deste grupo do que xa forman parte 70 socios dos  3 centros de Barreiro, Coia e Navia é a de correr para ser felices. Queremos facer deporte, practicar hábitos de vida saúdables pero tamén pasalo ben.

Adestramos tres veces á semana: luns, mércores e venres e temos grupos de mañá e de tarde. Cada socio adestra no seu centro correspondente, agás o venres no que nos xuntamos todos no parque de Castrelos e realizamos un adestramento conxunto. Así nos coñecemos mellor, establecemos vínculos cos socios doutras instalacións e o máis importante: facemos equipo! O noso obxectivo non é só correr senon compartir momentos, experiencias e retos.

Alex Brea e Javi Vázquez son dous dos nosos técnicos de running. En todo momento están pendentes da resposta do teu corpo e poñéndote o camino doado para que deas o mellor de ti. Planifican os adestramentos tendo en conta obxectivos a longo e corto plazo e non deixan nada ao azar. Móstrante técnicas de carreira e exercicios de fortalecemento para evitar e previr lesións. Tamén se corrixen posturas para conseguir ser máis eficaces.

En Máis que Auga  preparámonos durante todo o ano para participar nas carreiras populares máis importantes da nosa cidade facendo todo o circuito do Run Run Vigo .

O running é unha actividade totalmente gratuita para os socios. O único que hai que pagar é un seguro obrigatorio que cubre todos os adestramentos dende o 1 de setembro ao 31 de xullo e que ten un custo de 11,50 euros ao ano (1,04 euros ao mes). Pero se aínda non es abonado de Máis que Auga tamén podes formar parte do noso grupo de running: o prezo se non es socio é de 22,35 euros ao día. Para inscribirte ou ter máis información diríxete a calquera dos nosos centros e pregunta nas recepcións ou ben ao teu técnico de sala.

Lembra que para formar parte do noso grupo só has de ter gañas de correr e acadar os teus propios retos, non importa o teu nivel es benvido só con que teñas clara unha cousa: corremos para ser felices!