Comeza a oitava edición da liga de pádel Máis que Auga

17/09/2017

A Academia de Pádel pon en marcha por oitavo ano consecutivo unha nova edición da Liga de Pádel Máis que Auga:  unha das ligas  máis importantes de Galicia e con máis participación en Vigo. De feito o ano pasado participaron 400 xogadores.  O inicio da liga é o 2 de outubro. A liga desenvolverase ata febreiro, mes no que se coñecerán os gañadores desta competición.

As instalacións de pádel en Máis que Auga nos centros de Barreiro e Navia son un referente deste deporte tanto na  nosa cidade e na comunidade galega. Máis que Auga ven de facer un forte investimento na melloras das pistas dos dous centros con cambio de céspede e ampliación de vestiarios: todo co obxectivo de contar cunhas infraestructuras da máxima calidade.

O bo momento polo que pasa esta especialidade deportiva en Máis que Auga confírmase cos 700 alumnos que asisten ás clases  de pádel.

Na Academia de Pádel temos varias competicións ao ano entre elas a Liga de Campións, o Circuito de Menores e o Trofedo de Pádel Concello de Vigo-Pérez Rumbao Car que este ano acadou xa á súa quinta edición consolidándose como unha das competicións máis importantes do circuito galego e  no que participan xogadores  de primeiro nivel. Podes consultar toda a información que precises na nosa web maisqueauga.com e gozar  en Vigo das mellores clases de pádel.

Máis de dúas mil persoas participan a diario nalgunha  das actividades que ofrece a Academia de Pádel, xestionadas por 13 adestradores: grupo de whatsapp, circuito de menores, ligas, torneos e a  academia da aprendizaxe e perfeccionamento.

En Máis que Auga se practica pádel dende as 7.00 horas ás  23.00 horas, de luns a venres; de  9.00 horas a 20.30 horas os sábados;  e de 9.00 horas a 14.30 horas os domingos. Nas nosas instalacións, as máis modernas de Vigo,  dispútanse os principais torneos locais e pronviciais.