COMEZA O ANO, VOLVE O PLAN A!

11/01/2023

Agora que empeza o ano 2023 e que todos chegamos a el con obxectivos marcados, pode ser o momento para que emprendas o plan da túa vida: O noso Plan A!

 

Levas toda a túa vida facendo dieta, tratando de baixar de peso, tentando facer deporte para estar en mellor estado de forma… e ao final sempre o deixas decepcionado/a? Queres cambiar os teus hábitos e cres que chegou o momento? Este pode ser o teu plan! O Plan A é un proxecto de tres meses, absolutamente personalizado, no que as persoas que o realicen irán acompañadas ao longo de todo o proceso por un adestrador persoal, un nutricionista e un fisioterapeuta.

 

Todo comezará cunha entrevista persoal na que se analizará a situación, marcaranse obxectivos e plan de actuación. Como vos comentamos antes é un plan a tres meses, no que se establecerá o camiño para realizar en todos os ámbitos: A alimentación, o deporte e a saúde.

 

En todo o percorrido, estaredes acompañados polos nosos técnicos e teredes un titor, que será Víctor Vázquez, o responsable do gabinete de nutrición de MQA Navia, que se encargará de facer seguimento do proceso e o que terá o contacto directo contigo. A Víctor pedímoslle que nos explicase en poucas palabras en que consiste o Plan A e a quen vai dirixido e así nolo contou: “O plan A é nun programa de tres meses, no que imos traballar todos os aspectos relacionados cun adestramento completo: Nutrición, adestrador persoal e servizo de fisioterapia. Vai dirixido, principalmente, a todas aquelas persoas que sempre tentaron perder peso e nunca o conseguiron”. Aínda que non só. Tamén hai persoas que buscan unha alimentación equilibrada e incorporar o deporte nos seus hábitos, aínda que non teñan problemas de sobrepeso, pero necesitan axuda porque lles falta constancia. Ou para aquelas que antes non tiveran este problema, pero agora comezaron a coller peso e non consegue baixalo soas. O perfil é variado, pero o que queda claro é que necesita ir acompañado neste percorrido por profesionais, que lle marquen o camiño correcto.

 

Neste traxecto non só contarás coa axuda de Víctor. Tamén terás un adestrador persoal co que decidirás o teu programa de adestramentos e o que che impulsará en todo o percorrido. Ademais dos días no gym, terás deberes para casa, pero sempre tendo en conta as túas posibilidades. Será un proceso progresivo, no que ti mesmo/a poderás ir apreciando a túa evolución, o cal, sen ningunha dúbida, animarache a seguir adiante. E se fraqueas, aí estaremos nós para axudar!

 

E se ata o de agora falamos de actividade física, imos agora coa nutrición. Víctor elaborará un menú adaptado ás túas necesidades e gustos, e que se irá revisando a medida que avance o plan. E para finalizar, cando os músculos estean cansos e o corpo pida un pequeno repaso, pasaredes polo gabinete de fisioterapia, onde Martín Martínez fará maxia en forma e indicarache exercicios para ir mellorando nesas molestias que poidan ir xurdindo. Por suposto, haberá seguimento e citas mensuais con todos os integrantes do equipo de traballo (dous ao mes co nutricionista, 1 ao mes co adestrador persoal e 1 ao mes co fisioterapeuta). O programa tamén inclúe tres escaneos Styku, que permitirá ver a evolución no corpo, a medida que avance o plan.

 

O custo do Plan A é de 325 euros e inclúe o abono premium durante este trimestre, o servizo do gabinete de nutrición, 1 sesión de fisioterapia ao mes, o servizo de adestrador persoal e as sesións de styku.

 

Unha das novidades do Plan A en 2023 será que se establecerán uns premios para os participantes.  “Haberá obxectivos, para non perder a motivación, e se se van conseguindo os obxectivos, haberá unha recompensa que premiará o traballo, a forza de vontade e a constancia”, sinalou Víctor. Queredes saber máis do Plan A? Só tedes que poñervos en contacto con Víctor, no gabinete de nutrición ou preguntar na recepción de Máis que Auga Navia, onde vos informarán ao respecto.