Comeza o ano con novos retos para os runners Máis que Auga

22/01/2020

O noso grupo de running non para!  Remata un ano e comeza o seguinte sen descanso para os nosos corredores, que cada día son máis e máis valentes e ambiciosos.

 

O grupo comezou a dar as súas primeiras zancadas aí polo ano 2011, para dar resposta as petición de usuarios que querían saír a correr fóra da instalación e… ata hoxe. Nove anos despois contamos cun grupo de 150 runners entre as tres instalacións, que adestran todos os luns e mércores na súa instalación e os venres fan unha quedada conxunta.

 

Temos un equipo moi variado en idades (dende os 20 a 60 anos)  e moi igualado en sexo (case 50% homes e mulleres). É un grupo heteroxéneo si, pero no que todos os seus integrantes gozan ao máximo adestrando e traballando xuntos. Porque se algo teñen os nosos runners é ese ambiente, esa sensación de familia que transmiten dende lonxe e que enseguida contaxian a todos os que se achegan a eles como se fora un virus.. pero dos bos! E se importante son os runners non podemos esquecer a labor dos nosos técnicos: Alex Brea (Navia), Javi Vázquez (Coia) y Borja Hernández (Barreiro) saben incentivar aos seus pupilos para que continúen buscando obxectivos que cumprir e novos soños que conquistar.

 

Se queres sumarte ao grupo, so tes que preguntar nas recepcións dos nosos centros e aí te indicarán os pasos a seguir. É unha actividade gratuíta para os nosos abonados, que iso si, teñen que pagar un seguro obrigatorio anual para poder realizar actividades ao aire libre.

 

Xa comezamos a pensar nos retos do 2020, no que coma sempre o circuíto Run Run de Vigo será un obxectivo prioritario como grupo, pero ao que iremos sumando novos desafíos. Un deles será a maratón de Valencia, unha das máis importantes de Europa, que en 2020 cumpre 40 anos.  Así, un grupo importante de runners MQA planea viaxar a Valencia para enfrontarse xuntos a esta temible distancia.

 

Premios 2019

O martes 21 de xaneiro acudimos a gala de entrega dos premios da Run Run 2019, na que Máis que Auga recolleu o primeiro premio ao equipo con máis participacións, ademais de ser segundo na clasificación por equipos por puntos. Tamén houbo recoñecementos para varios dos nosos deportistas por subirse ao podio ou ben por participar en todas as carreiras que formaban o circuíto. Os nosos premiados son Dolly Darlen García, Rosa Álvarez, Manuel Parra, Vanesa Lemos, Lucía Montes, Lucía Pombo, Edwin Guamá, Santiago Bernández (segundo na categoría M-3), Rosa Álvarez (segunda na categoría F-4).

 

E tamén nesta gala deuse a coñecer o calendario do ano 2020, no que o circuíto Run Run estará formado por 12 probas. A primeira terá lugar este domingo 26 (12:00 horas) coa emblemática Subida ao Castro, na que os tres quilómetros de percorrido fanse moito más longos polo enorme desnivel e as máis de 500 escaleiras.