Operación bikini en gimnasios Vigo

Comeza a operación bikini en Máis que Auga

08/05/2017

É inevitable que coa chegada da primavera e do bo tempo todos comecemos as ser moi críticos co noso corpo: dámonos conta deses quilos de máis que durante o resto do ano pasan desaparcebidos e  somos conscientes de que o bikini ou bañador non é a prenda que máis nos favorece. Nese momento é cando nos percatamos de que debemos iniciar con urxencia a operación bikini.

Dende Máis que Auga queremos darte algúns consellos que has ter en conta se queres chegar ao verán en boa forma física.  Nas nosas instalacións podes preguntarlle a calquera dos nosos técnicos e eles te asesorarán pero mentres non o fas non está de máis que teñas en conta esta lista de suxerencias:

  • Distribuir as comidas como mínimo en 5 tomas diarias e procurar evitar alimentos procesados e bebidas con azucre (lembra que en Máis que Auga contamos cun servizo de nutricion que te pode axudar a levar unha dieta equilibrada)
  • Realizar traballo cardiovascular (cinta, elíptica, bici, escaleiras ou remo) entre 15 e 20 minutos. É importante que o acompañemos con dous ou tres exercicios de core
  • Non esquezas facer traballos de tonificación en fitness express (prácticamente tes clases cada hora en todos os centros)  xtreme ou body  cross
  • Dúas ou tres veces por semana é importante facer adestramentos de alta intensidade como fitness express ou bike
  • Baixar o tono muscular para previr lesións