Combina verán e deporte con Máis que Auga

07/08/2018

Na tempada de verán as instalacións de Máis que Auga están abertas para ofrecerte o mellor servizo. Pero se queres saber como tirar máis partido desta tempada, ofrecémosche aquí algunhas pistas.

De entrada, se tes fillos que atender e o teu horario non dá para máis, nos centros de Barreiro e Coia tes dispoñibles os campus de verán que ofrecen unha alternativa que podes personalizar ao teu gusto en período e modo de pago. Os teus fillos sempre gozarán con nós dun plan de actividades multideporte con numerosas actividades e xogos no marco dunhas instalacións con piscina, salas de ximnasia, pistas de pádel e zonas exteriores. Diversión asegurada cun equipo técnico formado e con gran experiencia neste tipo de traballo.

Ten en conta que se estás temporalmente na cidade,
• podes usar as instalacións con fórmulas de acceso libre diario ou contratar un plan de uso para un mes ou menos sen pagar matrícula.
Lembra tamén que temos
• desconto de 50% matrícula para novas altas en xullo e agosto.

Para os amantes do deporte, Máis que Auga mantén a gama de actividades principal, se ben algunhas especialidades quedan en suspenso neste período de menor afluencia. Como contrapartida, tes máis posibilidades de atención persoalizada polo equipo técnico da zona fitness en todos os centros.
Os que tamén continúan en marcha son os nosos grupos de runners e travesías. En ambos casos hai probas que preparar e sesións de adestramento que cubrir. Únete aos nosos no verán para gozar dunha preparación técnica axeitada se vas participar nalgunha das carreiras populares que existen na nosa contorna.

E se o que che gusta é nadar en mar aberto, o grupo de travesías cambia a piscina pola praia como lugar de adestramento, participando ademais nas probas de travesías que cada vez son máis frecuentes en Galicia.

Todo o deporte ao teu dispor nunhas instalacións que para adaptarse a esta tempada de calor, teñen xa dispostas as súas zonas de solarium en Barrreiro e Navia, onde poderás relaxarte despois de facer exercicio.