Coidamos das nosas embarazadas en pandemia

05/05/2021

O embarazo é sempre un período moi especial para a muller, no que o corpo cambia e as hormonas están revolucionadas, e se a isto lle sumas unha pandemia mundial, temos o premio gordo! Así, quizais agora máis que nunca, son importantes as clases para embarazadas e en  Máis que  Auga ofrecémosche a posibilidade de realizar a túa clase en auga (embarazauga) e en seco (fitmon), e mesmo podes combinalas coa tarifa plana que temos para as embarazadas nos nosos tres centros (Barreiro,  Coia e Navia).

 

Hoxe querémosvos presentar a algunhas das nosas  mamis, que están a vivir o seu embarazo durante a pandemia. Elas son Olga, Laura e Sandra e acoden ao  Máis que  Auga de Navia.

 

Olga González (34 anos) está xa no tramo final do seu primeiro embarazo (32 semanas) e coñeceu as clases de Jana a través dunha amiga. Olga tiña moi claro que o que quería era un curso en sala e desde o primeiro día soubo que acertara: “Cumpro os tres obxectivos que me marcara: A nivel físico atópome moi ben, estou máis flexible, máis forte, traballamos o chan  pélvico… A nivel de relaxación, aprendemos a respirar e relaxarnos e é algo que tamén me encanta e por último, a socialización. Somos un  grupiño de mozas, embarazadas en plena pandemia e temos moi bo rollo, apoiámonos entre nós”.

 

E non puido deixar de falar da súa mestra: “ Jana é excepcional, é o elemento diferencial. É pura enerxía positiva, dános caña, si, pero crea un ambiente brutal nas clases”. A Olga xa lle falta pouquiño para coñecer á súa nena Inés, pero xa pensa na súa volta a fitmon-post parto para a recuperación: “Xa falei con Jana sobre isto e tan pronto pase a corentena que che marca o médico, estarei de volta”.

 

E con Olga tamén se atopa Laura Iglesias,  outra  mami  primeriza e que se atopa no seu sexto mes de embarazo, tamén dunha nena. No caso de Laura, o embarazo produciulle unha forte  ciática que foi o que a levou a buscar as clases de embarazada. “A min encántame a natación, así que desde o principio tiña claro que quería auga. Cando vin que tiñades as clases de  embarazauga fun ao centro para informarme e alí tamén me falaron das clases de sala e da posibilidade de combinalas” Ao principio, Laura non estaba excesivamente convencida, pero como a súa amiga Olga ía ás clases de Jana, animouse a probar e “xa quedei! Así me collín o  pack e agora vou catro veces á semana, dúas á piscina e dúas a sala”.

 

Evidentemente, coas clases, as dores pola  ciática diminuíron e moito, “pero non só iso, estou moito máis áxil, e iso que cada semana vou collendo peso co embarazo, pero cada vez estou máis forte”.

 

Sandra Barral, de 33 anos, é a terceira das  mamis coas que falamos e a única que non é  primeriza. Sandra, que ten a un neno de dous anos e medio, está agora embarazada de 20 semanas dunha nena. Sandra apuntouse nas clases de  fitmon no seu primeiro embarazo, pero xa no tramo final: “Gústame moito como dá as clases  Jana e aínda que cheguei tarde no primeiro embarazo, fun de cabeza ás clases post parto e estiven durante máis dun ano, porque son fundamentais para ter unha boa recuperación”. Así que agora, co seu segundo embarazo, non o dubidou nin un segundo en volver ás clases de  Jana, e esta vez desde o principio do embarazo. Destaca por encima de todo a Jana, “xa que nos transmite a súa enerxía. É moi dinámica, e dános cana, pero tamén temos nosa parte de relaxación na clase e os momentos divertidos”. E como os seus  compis destaca a importancia do grupo, “o poder estar coas mozas, que están a vivir o mesmo que ti, compartir impresións, risas…”.

 

Pack Embarazadas

Así que, se estás embarazada, non dubides en preguntar en calquera dos nosos centros polo  pack de embarazadas, co que poderás combinar as clases de seco e de auga. Hai un  pack dun día á semana (ti podes elixir sala ou auga e no horario que mellor se che adapte dentro dos dispoñibles) ou o  pack total, co que podes ir a todos as clases de embarazadas que desexes á semana.