“Cociña en Familia” celebra en Navia un novo obradoiro

06/03/2016

Máis que Peques Navia organiza, o sábado 12 de marzo, o segundo obradoiro de “Cociña en familia, Xuntos Cociñamos”. Terá unha duración de 90 minutos, con inicio ás 11.00 h.

“Cociñar en familia” é unha actividade divertida e colaborativa, tanto para os maiores coma os pequerrechos da casa. Axuda aos nenos e nenas a entender a importancia de comer ben e levar un dieta saudable e da a oportunidade de experimentar cos alimentos.

  •  O último día de inscrición é o xoves 10 de marzo.

Onde: Máis que Peques Navia
Cando: Sábado 12 de de marzo, de 11.00 a 12.30 horas
Custe: 6,25 euros familias socias; 14 euros, familias non socias