COA NOVA TEMPADA, REGRESAN AS ACTIVIDADES OUTEXPERIENCE A MÁIS QUE AUGA

06/09/2023

En setembro regresa OUTEXPERIENCE, unha maneira diferente de facer actividade física ao aire libre e en comunidade! É un programa que nos encanta, e sabemos que a vós tamén, e por iso estabamos impacientes por regresar tras o mes de agosto de “vacacións”. Volvemos con ganas, con actividades moi variadas, diferentes e adaptadas a todas as idades e condicións físicas.

 

Cal é a vosa favorita? A nós cústanos elixir, non vos imos a enganar. Como seguro que sabedes comezamos co running, que saíu ás rúas a pedimento dos nosos socios/as, case desde a apertura do primeiro centro, e aos poucos fomos crecendo. O seguinte paso foi o grupo Travesías, que pasou da piscina á praia cando a auga do mar empezaba a coller unha temperatura máis adecuada (a partir de maio), e a partir de aí non deixamos de crecer e de introducir novas actividades: Andainas, marcha nórdica, bicicleta de montaña, trail…

 

Pero imos coa programación! Desde comezos deste mes, regresou á actividade o grupo de running Máis que Auga, que sae ás rúas desde cada centro luns e mércores, mentres que os venres se reúnen os tres grupos para adestrar. Ademais, como sabedes, os runners MQA apúntanse a un bombardeo, e non se poden perder as carreiras do circuíto Run-Run Vigo, que é o obxectivo prioritario, aínda que con outras probas no horizonte, como a VigBay, outro gran reto. E tamén xa comenzou a marcha nórdica, que sae os mércores por diferentes zonas da cidade (Samil, Bouzas, Castrelos…).

 

Pero hai moito máis! En setembro case vos podemos dicir que nos instalamos na península do Morrazo, xa que o sábado 23 faremos un roteiro en BTT pola costa de Cangas en dirección á Praia de Nerga. E a próxima fin de semana teremos dobre sesión. O sábado 30 haberá unha quedada de trail running en Bueu e o domingo 1 de outubro faremos un roteiro pola senda do río Fraga, partindo desde o porto de Moaña.

 

Podedes consultar a programación do último cuadrimestre do ano na ligazón que tedes a continuación, na que haberá actividades polos arredores de Vigo, pero tamén en novembro irémonos ata O Courel, xunto á empresa Galegría, como xa realizamos noutras ocasións.

Se queres sumarte ao programa OUTEXPERIENCE só tes que preguntar aos nosos técnicos/as en calquera das nosas instalacións e eles explicaranche como participar nestas experiencias nas que axuntamos deporte, natureza, convivencia e grandes doses de alegría.

 

Esta tempada, os prezos das actividades son de 4,35 euros para adulto non abonado/a por saída, mentres que para os nosos socios/as queda reducido á metade (2,15€). Pero sen dúbida, se es un habitual nas nosas saídas opta polo abono por tempada (de setembro ata o 30 de xullo), xa que se es socio/a sairache por 20 euros e no caso de non selo, 40€.

 

E que pasa cos nenos/as? Para os non abonado/as o custe dunha entrada libre será de 2,85€, mentres que os socios pagarán 1,40€. Tamén contamos con pack outexperience para os máis pequenos: 25 € para los no abonados e 12,5€ para socios.

 

Xa sabedes que, en todos os casos, os participantes deberán ter o seguro anual obrigatorio para poder realizar actividades no exterior, que ten un prezo de 11 euros e un ano de vixencia.