COA MQAPP, INFORMACIÓN E SORPRESAS NUN CLIC! A PRIMEIRA, A VINDEIRA SEMANA NOS NOSOS CENTROS

18/11/2022

Xa descargaches a APP de Máis que Auga no teu móbil? Sabes que é unha ferramenta gratuíta, rápida e cómoda para ter na túa man toda a información de interese sobre Máis que Auga. Ademais, a partir da vindeira semana, poderás conseguir promocións e agasallos se tes a túa  MQAPP activa.

 

Que vas atopar na túa MQAPP? Todo o que necesitas! Poderás elixir o teu adestramento, facer a reserva das túas clases, ver os horarios, control das túas pesadas, recibir información… E agora, conseguir promocións e agasallos!

 

A primeira promoción chegará a próxima semana, na que todos os socios/as de Máis que Auga que teñan a MQAPP instalada e operativa, recibirán unha botella de Bluereset, unha bebida deportiva realizada con auga de mar profunda e cunha gran concentración en minerais e sales.

 

Bluereset é o novo produto da empresa viguesa, Agua de Rodas, que quixo presentar esta bebida en Máis que Auga, xa que vai dirixido principalmente ao público deportivo porque rehidrata e achega sales minerais ao organismo trala práctica deportiva. Así que poderedes coñecela a próxima semana nos nosos centros deportivos: O luns e martes ofrecerémosvola en Barreiro; mércores e xoves, en Coia e venres e sábado, en Navia.

 

Se queredes saber máis sobre esta bebida, aquí tedes a ligazón coa súa páxina web.

Así que xa sabes, descarga a aplicación MQAPP no teu móbil e actívaa. Non dubides en consultar con calquera dos nosos técnicos/as sobre a APP e eles axudaranche a instalala e activala en dous minutos!