Coa APP Máis que Auga terás todo na túa man

27/02/2020

Coñeces xa a nosa APP Máis que Auga? É unha gran ferramenta que te permitirá ter todos os nosos servicios a só un par de pulsacións. Por iso, se aínda non a tes no teu móbil, non tardes en descargala (é gratuíta), para poder telo todo a man: adestramentos, reservas, horarios, información…

 

A nova MQAPP  é moi intuitiva e sinxela de utilizar. Conta cun menú moi claro no que aparecen diferentes opcións: saúde, entreno, actividades, calendario, logros, notificacións e reservas.

 

En saúde podes ter gardados os resultados das túas pesadas. So tes que, antes de usar as básculas dos nosos centros,  conectalas ao teu usuario e os resultados xa estarán na túa man. Ademais, despois de falar cos nosos técnicos e de que estes te programen o plan de adestramento que mellor se adapta a ti, xa o terás todo no poder. Antes de iniciar a sesión de adestramento podes consultala y ver cales son os exercicios que debes facer, a súa duración e a forma de realizalos. Pero hai moito máis. Tamén poderás consultar os horarios das diferentes clases e, a gran novidade, realizar as túas reservas, tanto para as clases incluídas no abono que se imparten nos nosos centros, como para o servizo de fisioterapia e nutrición, ou para o pádel. Tamén te permitirá anulala, en caso de que finalmente non poidas acudir.

 

Ademais, a través da APP estarás informada/o de todas as novidades (promocións, novos servicios, actividades especiais..) ou podes ter mensaxes do teu adestrador ou do centro.

 

Pero imos ver o seu funcionamento, da man de Marcos Alonso, coordinador de Máis que Auga Coia.

Coñece a APP de MQA

Descargala non pode ser máis sinxelo. Se estás nas nosas instalacións, verás en varios puntos do centro os códigos QR tanto para IOS como para Android, e senón podes facelo no teu móbil buscándoa en Play Store o APP Store, dependendo do móbil que teñas.

 

*Unha vez descargada a aplicación, pídelle ao teu técnico de sala fitness a clave de acceso para comezar a utilizala.