CO PLAN RESTART, COMEZAMOS DE NOVO!

28/11/2021

Hai momentos nos que decidimos que temos que cambiar, restablecernos e comezar de novo. Isto pásanos en diferentes aspectos da nosa vida e un dos máis habituais está relacionado coa nutrición e o deporte. Así que para todas aquelas persoas que queiran comezar a coidarse, con novas rutinas, unha alimentación adecuada e a axuda de profesionais, aquí tedes o Plan Restart!

 

Neste programa traballan de forma coordinada o gabinete de nutrición e os monitores deportivos, ademais de que se utilizará o escáner en tres dimensións styku, que che permite ver como vai cambiando o corpo a medida que avanzas no plan.

 

E como é o Plan Restart? A nosa  nutricionista Conchi  Adrover axudarache a adquirir uns hábitos alimenticios sans. “Axúdolles con cambios na súa alimentación, con ideas de pratos e tentando crear bos hábitos”, explicou Conchi, que realizará un seguimento ao usuario/a dúas veces ao mes. Nesta cita, despois de ver a evolución, Conchi decidirá se se realizan cambios e ampliará o receitario. Ademais, unha vez ao mes, realizarase un  styku para ver a evolución do corpo.

 

Os cambios na alimentación irán acompañados por unha táboa de adestramento que che marcará o técnico de sala despois de falar contigo e buscar o que mellor se adapta a ti, á túa condición física e ás túas necesidades.

 

Esta é a teoría, pero quixemos coñecer a práctica, así que acudimos a Araceli García, de 73 anos, que comezou co Plan Restart no mes de agosto co obxectivo de adelgazar, “e necesitaba axuda”. Araceli asegura que “estou moi contenta de facelo. Vai ben, aínda que sei que é un proxecto a longo tempo, pero espero seguir tendo moita axuda e chegar ata o final”, afirma esperanzada e optimista.

 

Preguntámoslle que lle estaban parecendo as receitas de Conchi, e asegurou que “me gustan e  estanme axudando a comer variado”. A Araceli gústalle cociñar e algunhas das receitas que lle deu Conchi xa as coñecía, pero “outras as aprendín grazas a ela”.

 

Sobre o adestramento, Araceli explicounos que “de momento só podo ir a aquagym por problemas meus”, aínda que espera no futuro poder realizar algunha táboa de adestramento para seguir avanzando neste programa que considera fundamental para ela e a súa saúde.

 

Este é o Plan  Restart. Se estades interesados nel, non dubidedes en preguntar na recepción de calquera dos nosos centros, onde che informarán sobre todo.