A Academia de Pádel Máis que Auga celebra un Clinic de Pádel para menores durante tres días: do 27 de febreiro ao 1 de marzo. O Clinic coincide coas vacacións escolares do Entroido e está dirixido a nenos dende os 7 aos 17 anos que queran competir como profesionais. O horario é de 10.00 horas a 14.00 horas e celébrase nas pistas de Barreiro e Navia.
O programa inclúe adestramentos técnicos e tácticos nos que se traballan, melloran e potencian as habilidades de xogo dos participantes. O Clinic conta tamén con exercicios de preparación física e unha valoración de aptitudes: un test deportivo de pádel que evalúa as capacidades do neno, dende o seu desplazamento en pista ata o lanzamento de pelota.
O prazo de inscrición está aberto ata o 24 de febreiro e pode facerse nas instalacións de Barreiro e Navia. O prezo é de 29 euros para abonados e de 36 euros para os que aínda non sexan socios de Máis que Auga.