Clase maxistral de ciclismo de Melcior Mauri en Máis que Auga

 

Melcior Mauri, campión da Volta a España no 1991 e sexto no Tour de Francia no 1995,  estivo en Máis que Auaga Barreiro, impartindo unha clase maxistral de ciclo indoor na dque participaron técnicos de diferentes instalacións deportivas da cidade,  abonados de Máis que Auga e apaixoados desta disciplina.

A clase maxistral de Melcior Mauri enmárcase dentro da aposta de Máis que Auga por ofrecer experiencias deportivas diferentes, tanto a técnicos como a usuarios, que servan de aprendizaxe e motivación.  Todos os participantes coincidiron en afirmar o emocionante que resultou pedalear xunto a este histórico do ciclismo español, seguindo as súas orientacións, pautas e asesoramento.

Melcior Mauri agradeceu a Máis que Auga ser quen de levar iniciativas deste tipo que ademáis lle resultan moi emocionantes a nivel personal: “Para min é moi gratificante atoparme con xente que seguíu a miña carreira deportiva, que agora goza  practicando ciclismo indoor e coa que podo conversar sobre esta paixón común”  Melcior Mauri leva case 20 anos adicándose a formar profesionais nesta disciplina.

O director de operacións de Máis que Auga, Francisco Cortegoso,  amosou o compromiso da empresa viguesa en promover accións que servan para motivar á cidadanía  a practicar deporte e manter un xeito de vida saúdable. Cortegoso asegurou que Máis que Auga non escatimará esforzos en axudar a mellorar o benestar físico dos seus abonados con iniciativas motivadoras com ésta.