CITA TELEMÁTICA COA NOSA NUTRICIONISTA

24/01/2021

En Máis que Auga sempre queremos poñervos as cousas máis sinxelas e agora aínda máis. Así o gabinete de nutrición pensou unha forma de manter un contacto estreito cos seus usuarios e usuarias aínda que haxa distancia física.

 

É un servicio para aquelas persoas que non poidan ou non queiran desprazarse ata as nosas instalacións. Non hai problema. A cita poderá realizarse a través dunha vídeo chamada, e o servicio será o mesmo. Unha hora de consulta para ti! Este servicio está adicado para todos os usuarios do gabinete de nutrición, tanto para aqueles que xa iniciaron o seu tratamento, como para aqueles que comezan agora.

 

A nosa nutricionista Conchi Adrover falará contigo, analizaredes xuntos como van as cousas, se hai que algo que cambiar, facer menús ou decidir a estratexia a seguir. E despois desta chamada terás os teus menús organizados e todas as liñas de actuación establecidas xunto á nosa nutricionista.

 

Nestas últimas semanas, o que está a facer Conchi é comunicarse coas persoas que xa teñen a súa cita reservada e ofrecerlles a posibilidade de ter a consulta a través de vídeo chamada e se o cliente o prefire, optan por este tipo de comunicación que, neste caso, é igual de efectivo. Actualmente, hai varios usuarios que iniciaron o programa Plan A, un proxecto de tres meses de duración, no que se combina deporte, nutrición e saúde. Pois Conchi xa fixo a súa consulta con algún dos protagonistas de forma telemática, xa que así o preferiron.

 

Recorda que para ter unha vida saudable hai que facer unha combinación de: Actividade física, comida sa e un bo descanso! En Máis que Auga axudámoste a que poidas sentirte cada día mellor, facendo deporte, comendo ben e… do descanso, tes que encargarte ti!!