Cinco actividades para queimar calorías en Nadal

03/01/2019

O Nadal é unha das épocas máis agardadas por algúns, pero tamén das máis temidas por outros. As calorías de sobra pesan coma unha lousa ao levar xa catro xornadas de celebración, e é importante manter un equilibrio axeitado.

Aínda que convén controlar a alimentación tamén nestas datas, os excesos son, en moitos casos, inevitables e, por iso, o exercicio físico axúdanos a manternos motivados e activos. Para aqueles que queredes desfacervos ata da última caloría, en Máis que Auga propoñémosvos cinco actividades dirixidas que as queiman dun xeito rápido e sinxelo.

Bike

É unha clase guiada que se practica nunha sala acondicionada. A base desta actividade é un soporte musical que debemos seguir pedalando. O gasto calórico varía en función da carga utilizada, e é un exercicio moi completo, especialmente indicado para a queima de calorías.

Body Combat

Esta actividade fusiona boxeo, kick boxing e coreografía. Coa filosofía Les Mills, permite traballar o corpo de xeito global cun exercicio intenso de 60 minutos de duración, no que parar non é unha opción.

Body Pump

O Body Pump muda o boxeo polas barras e discos, que aportan carga. Supón 60 minutos continuos de exercicio baixo a filosofía Les Mills que repercute en todo o corpo, a través de movementos que engloban brazos, pernas e glúteos. Os escasos momentos de descanso e as constantes sentadillas fan do body pump unha das actividades que queiman máis calorías.

Fitness Express

Esta actividade de alta intensidade combina a forza con exercicios aeróbicos. Aínda que ten unha duración de entre 20 e 25 minutos, o gasto calórico que require é moi elevado. Podes atopala en todas as salas dos centros Máis que Auga.

Aquatraining

Se o que prefires é meterte na auga, esta é a actividade para ti. Basease na tonificación muscular combinada con exercicios aeróbicos en piscina, que permiten queimar calorías en pouco tempo e dun xeito diferente.

En Máis que Auga, as nosas actividades adáptanse a todas as idades. Sexa cal sexa o teu nível físico, en todas as clases contarás cun dos nosos técnicos para axudarche a desenvolver estas actividades.

Agardámosvos en Coia, Navia e Barreiro para queimar esas calorías de máis!