CHEGOU O MOMENTO DE COÑECER AQUAFLASHCOMBAT: ESPERÁMOSTE O MARTES 20 EN NAVIA!

17/10/2020

Chegou o momento de coñecer AquaFlashCombat, a segunda actividade incluída no programa da revolución da auga de Máis que Auga,  AquaFlash, un proxecto pioneiro en España que vos ofrecerá actividades diferentes, orixinais, divertidas e de gran intensidade.

 

O vindeiro martes, en Navia, teremos a oportunidade de gozar de dúas  masterclass para coñecer AquaFlashCombat, unha actividade que encantará a todos aqueles a os que lles guste a auga e as artes marciais. En que consiste? Levámonos os sacos de  boxeo e as luvas á piscina e, coa resistencia da auga, poderemos facer un traballo muscular moi potente, tanto do tren superior como o inferior. E todo iso con música, polo que a diversión está asegurada, seguindo o ritmo da música co teu golpeo. Sen ningunha dúbida é unha actividade divertida, refrescante e orixinal, que non deixará indiferente a ninguén. Ademais, cada persoa terá as súas propias luvas e o seu propio saco, así como o seu espazo individual para facer deporte e ademais, ao ser dentro da auga, non hai que levar máscara. Así que as medidas  anti COVID-19 non poden ser máis efectivas.

 

Pero o mellor é que te animes a probalo e o martes 20 de outubro tes a oportunidade de asistir a unha  martesclass en horario de mañá e tarde (11:00 e 19.45 horas). Nelas contaremos co técnico Francisco  Estevão, que foi o encargado de formar aos nosos técnicos nestas novas actividades. Para inscribirvos na  masterclass só tedes que reservar a vosa praza no quiosco do centro, na páxina web de reservas ou ben a través do teléfono 886 689 854. Ademais, durante a semana teredes novas oportunidades de probar AquaFlashCombat, reservando a vosa praza no quiosco.

 

E lembrade que todos aqueles que se inscriban nesta actividade agora, terán unha promoción: O que queda de outubro gratis e o mes de decembro, ao 50%. Consulta no noso centro as condicións.