CHEGOU O BLACK FRIDAY MÁIS ESPERADO!

23/11/2020

Nun ano “negro”, queremos que este Black Friday sexa unha explosión de boas novas! En 2020  Máis que Auga celebra o seu décimo aniversario e por iso, decidimos que este Black Friday vai ser inesquecible!!! Temos ofertas para todos e todas, socios e non socios, xa que queremos que vos poidades aproveitar da promoción máis brillantemente Black!

 

Para ti que decidiches deixar a familia Máis que Auga hai algún tempo e tes ganas de regresar e volver aos teus hábitos saudables, no podes deixar escapar esta grande oportunidade. Se te fas socio de Máis que Auga do 26 ao 30 de novembro, terás GRATIS a matrícula e ademais…. os meses de decembro e xaneiro por só 35 EUROS! Podes pechar esta opción a través da web de Máis que Auga ou ben na recepción de calquera dos nosos centros.

 

*Nos abonos familiares, a matrícula gratis será para o titular e o resto de integrantes, pero a oferta dos dous meses so se aplicará ao titular. 

 

Aquí tes o enlace á web de Máis que Auga por se queres darte de alta de forma online.

Pero aínda temos máis! Se estabas pensando nun curso, contarás cunha oferta BLACK! Para ti, que non es socio de Máis que Auga, se contratas calquera curso (excepto os de pádel) do 26 ao 30 de novembro, os meses de decembro e xaneiro terán un custe de 25 euros!!! E no caso de que sexas abonado de MQA o prezo sería de 12,5 euros. É unha oferta única! Para aproveitar esta promoción, so tes que pasarte pola recepción de calquera dos nosos centros, onde poderás formalizar a contratación nestas vantaxosas condicións.

 

Ademais, animámosvos a que os pasedes polas  nosas redes sociais! Realizaremos un sorteo de 5 PREMIOS consistentes en 6 MESES GRATIS DE MENSUALIDADE entre todos/as os que  dean un like e compartan o post do Black Friday.  Imaxina que es ti un deses afortunados!!!