Chega a Coia a revolución tecnolóxica con eGym

11/09/2019

Comeza a revolución tecnolóxica en Máis que Auga Coia coa chegada das máquinas de forza eGym!  Xa quedan moi poucos días para que poidades coñecer no noso centro de Coia o novo equipamento de fitness eGym: dixital, totalmente electrónico e conectado. Así diredes adeus ao adestramento aburrido ou as lesións por posturas incorrectas… Chegou a revolución ao fitness e poderedes gozar dela no set disposto para eGym na nova sala fitness do Máis que Auga Coia, que estará operativo a partir da próxima semana.

 

Serán oito as unidades de eGym que teremos a disposición dos nosos clientes en Coia e coas que poderedes realizar un adestramento seguro e intuitivo. Seguro porque este equipamiento conta cun axuste automático. Desta forma, despois de realizar a primeira configuración, os equipos axustaranse automáticamente para ti nos días posteriores.

 

E intuitivo, porque todos os equipos de adestramento de forza de eGym contan con grandes pantallas táctiles, o que permite que toda a  información importante estea sempre ao alcance da man. Con só uns poucos clics o teu técnico de sala Fitness selecciona o teu programa de adestramento e automáticamente axústase  o peso para o teu exercicio. A través da pantalla e  a curva de adestramento, eGym irá guiándote de forma sinxela durante os exercicios. Comezaremos por seleccionar cal é o obxectivo do teu adestramento (fitness en xeral, adelgazar, aumentar masa muscular, rehabilitación, tonificación e rendemento) e despois de facer un test, a máquina indicarache onde hai desequilibrio muscular e cales son os exercicios recomendados.

 

Ademais coa aplicación gratuita eGYm Fitness App, podes programar os adestramentos e a través dos análise da aplicación podes comprobar os progresos realizados e incluso competir cos teus amigos.

 

eGym é isto e moito máis!! Queres coñecer o novo sistema de adestramento de eGym? So terás que esperar uns días para estrealo en Máis que Auga Coia.

 

Mentres, neste enlace, podedes coñecer un pouco máis o seu funcionamento: