Chegan os nosos campus Máis que Auga!

17/06/2020

Chegou o momento de xogar! Por fin podemos anunciar que teremos campus de verán en Máis que Auga, este ano máis necesario que nunca, despois de tanto tempo de confinamento! Será un campus diferente, seguro, pero non por iso menos divertido para os nosos pequeños, xa que poderán realizar actividades ao aire libre, dirixidos por técnicos especialistas e con todas as medidas de seguridade necesarias.

 

A situación especial que estamos a vivir polo COVID-19 obríganos a tomar medidas de seguridade importantes, pero sen esquecer o obxectivo fundamental: Que os participantes gocen cada día das actividades previstas e vivan novas experiencias. Así, nesta ocasión non haberá saídas fóra das nosas instalacións, pero si máis actividades que nunca ao aire libre, con xogos sen interaccións persoais que farán descubrir cousas novas aos máis pequenos.

 

Do 29 de xuño ao 4 de setembro haberá diferentes quendas e poderedes contratar os campamentos por semanas, quincenas ou meses, segundo as vosas necesidades. O  horario será de 9 a 14 horas, pero existe a posibilidade de amplialo para os madrugadores (dende as 8) ou ben a última hora (ata as 15:30 horas).  No caso de irmáns  hai descontos (un 10% por cento para o primeiro irmán e do 15% no segundo). Podedes consultar as nosas tarifas e condicións na recepción de calquera dos nosos centros, onde os facilitarán toda a información que necesitedes e tamén poderedes realizar a inscrición no campus.

 

A continuación tedes a información máis salientable dos campus.

Preguntas frecuentes

Datas:
Dende o 29 de xuño ata o  4 de setembro

Horario:
Campus: De 9:00 a 14:00 horas.

Madrugadoiro: De 8:00 a 9:00 horas

Ampliado: De 14:00 a 15:30 horas

Reunión Informativa:
Faremos unha reunión informativa en cada un dos centros, nas seguintes datas:

Navia: Xoves 25 ás 20:30 horas

Barreiro: Venres 26 ás 20:30 horas

• Navia (Máis que Peques ): 4 – 5 anos

• Navia (Máis que Auga ): 6- 12 anos

• Barreiro (Máis que Auga): 4- 12 anos.

Estas son as medidas de seguridade implementadas:

♦ Grupos reducidos: 9 nenos/as por grupo

♦ Entrada e saída de maneira escalonada (sen aglomeracións).

♦ Distancia de seguridade nas salas de actividades

♦ Xel hidroalcohólico na entrada e saída e na propia sala.

♦ Desinfección do material a usar nas actividades.

♦ Alfombras desinfección.

Si. É obrigatorio seguindo as indicacións actuais das autoridades sanitarias. Cada neno/a deberá levar a súa máscara, debidamente gardada nunha bolsa plástica (do estilo das de conxelar) co nome, para usar nas transicións e zonas comúns.

Cada participante do campus deberá levar a súa merenda. Ante a situación actual, como medida de precaución e por consello das autoridades competentes, non se vai poder compartir ningún tipo de alimento nin bebida.

♦ Wodfit

♦ Pilates

♦ Pump

♦ Xogos populares.

♦ Deportes con implementos (padel, bádminton…)

♦ Robótica

♦ Baile moderno

♦ Zumba

♦ Piscina

 

*Este ano,  como medida de seguridade ante a situación que estamos a vivir polo COVID-19, non realizaremos saídas. En compensación, incluiremos no campus actividades de pago como robótica e baile moderno.

  • SOCIOS MQA:

o Semana: 95 €

o Madrugadoiro + Ampliado semana: 25€

o Quincena: 155 €

o Madrugadoiro + Ampliado quincena: 50€

o Mes: 270 €

o Madrugadoiro + Ampliado mes:100€

 

  • NON SOCIOS

o Semana: 125 €

o Madrugadoiro + Ampliado semana: 30 €

o Quincena: 205 €

o Madrugadorio + Ampliado quincena: 60 €

o Mes: 350 €.

o Madrugadoiro + Ampliado mes: 120 €

• Descontos:

o 10% no primeiro irmá (farase o desconto na cota do irmán/á)

o 15% para o segundo irmán/á e posteriores (farase o desconto na cota do irmán/á).

Semanas:

➢ Semana 1: 22 de xuño ao 26 de xuño

➢ Semana 2: do 29 de xuño ao 3 de xullo

➢ Semana 3: do 6 de xullo ao 10 de xullo

➢ Semana 4: do 13 de xullo ao 17 de xullo

➢ Semana 5 : do 20 de xullo ao 24 de xullo

➢ Semana 6: do 27 ao 31 de xullo

➢ Semana 7: do 3 ao 7 de agosto

➢ Semana 8: do 10 ao 14 de agosto

➢ Semana 9: do 17 de agosto ao 21 de agosto

➢ Semana 10: do 24 de agosto ao 28 de agosto

➢ Semana 11: do 31 de agosto ao 4 de setembro

Quincena:

➢ Quincena 1: do 29 de xuño ao 10 de xullo

➢ Quincena 2: do 13 de xullo ao 24 de xullo.

➢ Quincena 3: do 27 de xullo ao 7 de agosto.

➢ Quincena 4: do 10 de agosto ao 21 de agosto.

➢ Quincena 5: do 24 de agosto ao 4 de setembro.

Mes

➢Do 6 ao 31 de xullo

➢ Do 3 ao 28 de agosto