CHEGAN NOVAS ACTIVIDADES PARA OS PEQUES EN MÁIS QUE AUGA NAVIA

22/04/2022

Chegan ao noso centro de Navia novas actividades para os máis pequenos da familia Máis que  Auga! Serán clases novas, divertidas, modernas e tremendamente entretidas, nas que os participantes poderán facer deporte, xogar e coñecer a novas amizades.

 

Era algo que comezaramos antes da pandemia e que, como moitos outros proxectos, quedaron en suspenso. Agora regresamos con forza e con ganas de dar máis ás nosas familias e aos nosos  pequerrechos/ as.

 

Así, desde hai uns días comezamos en Máis que  Auga Navia cunha nova programación para nenos e nenas, na que incluímos algunhas novidades moi interesantes que queremos compartir convosco. Por primeira vez en Vigo imos ofrecer clases de bike para os pequenos, que sen dúbida serán moi divertidas e atractivas para eles. O único requisito é que midan máis de 1,40 para poder chegar con facilidade aos pedais e o traballo adaptarase ás súas posibilidades.  Estamos seguros de que lles vai divertir moitísimo, coas luces, a música e o ánimo dos nosos monitores, e seguro que se vai creando neles unha espiral para seguir facendo deporte no futuro.

 

Pero non é a única novidade. Tamén comezamos con Actívate kids, unha actividade para os máis pequenos/as na que se traballará a psicomotricidade, para ensinar aos pequenos a facer ben as cousas. “Aprender a moverse, e da forma correcta, para que, se fas unha sentadilla, sexa correctamente”, cóntannos os nosos técnicos.

 

A terceira das novidades, estrearémola o próximo mes e será “Urban Dance”, tanto para kids como para júnior, e estamos convencidos de que será algo que lles encantará, ao ser un baile urbano, moi actual e atractivo para eles.

 

E claro, sen esquecernos das nosas clases xa habituais de  crosstraining ou zumba, todas elas incluídas no abono. Desta forma, se o teu abono é familiar e tes incluídos aos máis pequenos da casa (por só 9,40 euros ao mes), terán unha variada oferta de 15 clases semanais, nas que poderán facer actividade física e divertirse. Ademais, iso permitirache ir ao ximnasio en familia, de forma que poderás realizar o teu adestramento, sabendo que están ocupados e gozando ao máximo co seu!

 

Aquí tedes o calendario das actividades para nenos/ as en  Máis que  Auga Navia!