Co verán á volta da esquina, chega o momento de facer plans e organizar as actividades das e dos nosos pequenos. E onde poden estar mellor que en Máis que Auga, coas mellores instalacións e os mellores técnicos/as!
Do 28 de xuño ao 30 de xullo en Máis que Auga Navia contaremos co noso Campus Multideporte para nenos/as de 3 a 12 anos! Como todos os anos teremos actividades variadas, adecuadas ás idades dos participantes, que irán dende robótica a xogos populares, pasando por baile, zumba, piscina, pádel, pilates kids, wodfit kids ou talleres de primeiros auxilios e nutrición. Ademais este ano recuperamos as saídas ao exterior! Faremos pádel surf en Bouzas e tamén atletismo nas pistas de Balaídos, sen dúbida grandes experiencias para os nosos rapaces/as.
E por suposto co máximo respecto polas medidas de seguridade marcadas polas autoridades sanitarias. Estaremos moi pendente de como vai a evolución da pandemia da COVID-19 para adaptar os nosos protocolos ao momento presente.
O horario será de 9 a 14 horas, pero existe a posibilidade de amplialo para os madrugadores (dende as 8) ou ben a última hora (ata as 15:30 horas). Ademais, se fas a túa reserva antes do 31 de maio terás un desconto do 25%! Este é o momento! Podedes consultar as nosas tarifas e condicións na recepción de calquera dos nosos centros, onde os facilitarán toda a información que necesitedes e tamén poderedes realizar a inscrición no campus.
A continuación tedes a información máis salientable do campus.
Preguntas frecuentes
Datas:
Dende o 28 de xuño ata o 30 de xullo
Horario:
Campus: De 9:00 a 14:00 horas.
Madrugadoiro: De 8:00 a 9:00 horas
Ampliado: De 14:00 a 15:30 horas
• De 3 a 12 anos
Estas son as medidas de seguridade implementadas:
♦ Grupos reducidos: 9 nenos/as por grupo
♦ Entrada e saída de maneira escalonada (sen aglomeracións).
♦ Distancia de seguridade nas salas de actividades
♦ Xel hidroalcohólico na entrada e saída e na propia sala.
♦ Desinfección do material a usar nas actividades.
♦ Alfombras desinfección.
Actualmente, o uso da máscara é obrigatorio, seguindo as indicacións actuais das autoridades sanitarias. Cada neno/a deberá levar a súa máscara, debidamente gardada nunha bolsa plástica (do estilo das de conxelar) co nome, para usar nas transicións e zonas comúns.
*Se houbese cambios nas restriccións marcadas, actuaríamos conforme ao establecido polas autoridades.
♦ Wodfit
♦ Pilates
♦ Pump
♦ Xogos populares.
♦ Deportes con implementos (padel, bádminton…)
♦ Robótica
♦ Baile moderno
♦ Zumba
♦ Actividades en exterior (pádel surf e atletismo)
♦ Piscina
- SOCIOS MQA:
o Semana: 95 €
o Madrugadoiro + Ampliado semana: 25€
o Quincena: 155 €
o Madrugadoiro + Ampliado quincena: 50€
o Mes: 270 €
o Madrugadoiro + Ampliado mes:100€
- NON SOCIOS
o Semana: 125 €
o Madrugadoiro + Ampliado semana: 30 €
o Quincena: 205 €
o Madrugadorio + Ampliado quincena: 60 €
o Mes: 350 €.
o Madrugadoiro + Ampliado mes: 120 €
• Descontos:
o 10% no primeiro irmá (farase o desconto na cota do irmán/á)
o 15% para o segundo irmán/á e posteriores (farase o desconto na cota do irmán/á).
o 25% se se anotan antes do 31 de maio
Semanas:
➢ Semana 0: 28 de xuño ao 2 de xullo
➢ Semana 1: do 5 ao 9 de xullo
➢ Semana 2: do 12 ao 16 de xullo
➢ Semana 3: do 19 ao 23 de xullo
➢ Semana 4 : do 26 ao 30 de xullo
Quincena:
➢ Quincena 1: do 5 ao 16 de xullo
➢ Quincena 2: do 19 ao 30 de xullo.
Mes:
➢Do 5 ao 30 de xullo