Niños disfrutando en piscinas en Vigo

Chega a semana de pais ás nosas piscinas en Vigo

06/12/2017

Cómo pasa o tempo!  É incrible: xa estamos no último trimestre do ano e co Nadal á volta da esquina.  Coma sempre nesta época nas nosas piscinas en Vigo  chega o momento  de que comprobemos os avances dos nosos fillos nos cursiños de natación. Así que do 11 ao 16 de decembro celebramos a Semana de Pais. Qué significa esto? Que cada neno pode entrar á  zona de piscina acompañado de 2 adultos (pai, nai, avó, tío ou quen se queira pero nunca máis de 2) no horario da súa clase. Un dos dous pode participar na clase co neno (sempre que queira, claro). Se es dos que se atreve é  moi importante que non esquezas  a roupa de baño (incluido gorro e chanclas)

Durante esta semana, admítimolo, encántanos ver os nervios dos nosos alumnos e as ansias que teñen por demostrar todo os seus coñecementos da auga diante dos pais. Nesta semana os técnicos que se encargan das clases de natacióno dos vosos fillos aproveitan para explicarvos a progresión feita durante o trimestre.

Na Escola de Actividades Acuáticas das nosas piscinas en Vigo impartimos clases de natación para nenos dende os 6 meses ata os 18 anos. Nas nosas piscinas tamén damos clases a alumnos de colexios de Vigo que teñen a natación como actividade extraescolar.

Escola de Actividades Acuáticas nas nosas piscinas en Vigo

As clases de natación forman parte da  Escola de Actividades Acuáticas de Máis que Auga , na que damos clase a máis de 4.000 nenos nas nosas piscinas de Vigo. Unha parte importante dos nosos alumnos proceden de 35 colexios da cidade que ofertan a natación como actividade extraescolar ao través das Anpas.

A duración das clases é a mesma que a do curso escolar: de setembro a xuño.  As clases de natación están dirixidas a nenos dende os 6 meses ata os 18 anos e, por suposto, están adaptadas tanto ao nivel como á idade adestrando en diferentes grupos que temos denominados deste xeito: miñoca, tartaruga, calamar, xurelo, cachalote, golfiño e escualo.

A natación é unha das actividades que implica un maior desenvolvemento motor nestas idades. Ademáis, a aprendizaxe faise dun xeito totalmente lúdico: así o neno aprende metres goza na auga. Outra vantaxe da Escola de Actividades Acuáticas é que os rapaces fan o seu propio grupo de amigos, se é que non o traen xa feito da escola: deste xeito créase un clima totalmente propicio para que o neno desconecte das súas horas de colexio, progrese na súa aprendizaxe e, por suposto, realice unha actividade física que lle aporta moitos beneficios.