Chega o verán, cambia o noso horario!

19/06/2019

Coa chegada do verán, comezan os novos horarios en Máis que Auga. Nos meses de xullo e agosto o horario queda un pouco reducido, xa que durante algunhas semanas pecharase ao mediodía, pero durante todo o verán sempre haberá un centro de “garda” aberto. O obxectivo é que calquera socio/a poida acudir segundo as condicións do seu abono.

En Máis que Auga Navia no mes de xullo o horario será o habitual, mentres que en agosto pechará ao medio día (de 14:30 a 17:30 horas). Ademais o horario do sábado será so de mañá, igual que o domingo durante xullo. En agosto pecharase na xornada dominical.

Máis que Auga Coia manterá o seu horario habitual do 17 ao 31 de agosto, mentres que pechará ao mediodía en xullo e a primeira quincena de agosto. Pechará todos os domingos de xullo e a primeira quincena de agosto.

E no centro de Barreiro continuaremos con esa rotación para manter sempre algún centro aberto ao mediodía e os domingos. Así, o horario continuado de 7 a 23:30 horas será do 1 ao 14 de agosto, datas nas que tamén abrirá os domingos. Ademais, todos os centros pecharán os festivos.

Ademais, hai que recordar que durante o verán realizaranse as tarefas de mantemento e limpeza das zonas de auga (piscina e spa), tal e como marca o regulamento sanitario de piscinas da Xunta. Estes peches faranse de forma alternativa para que as e os nosos usuarios teñan unha zona de auga sempre aberta. Así a piscina e o spa de Barreiro pecharase do 17 ao 31 de agosto; a piscina de Coia do 1 ao 17 de agosto, mentres que o spa permanecerá pechado todo o verán polas obras de ampliación do centro que están a piques de comezar.