Chega o Campus de Nadal a Máis que Auga

24/11/2016

Deixa de volverte tolo pensando quen se pode facer cargo dos nenos cando comecen as vacacións de decembro: apúntaos ao Campus de Nadal Máis que Auga que se celebra do 23 de decembro ao 5 de xaneiro de 9.30 horas a 13. 30 horas.  Ti podes ir traballar, facer as túas compras de nadal ou dispor de tempo para ti mentres os teus fillos gozan xogando ou practicando deporte nas nosas instalacións.

O Campus desenvólvese nas instalacións de Barreiro, Navia e o centro de ocio Máis que Peques. En Barreiro poden ir nenos de 4 a 14 anos e en Navia, nenos de 2 a 14 anos.

O campamento ten horarios especiais para os pais que necesiten deixalos antes nos centros ou recollelos máis tarde do horario fixado: polas mañás poden entrar unha hora antes e ao mediodía poden saír unha hora despois. Os nenos que saían máis tarde en Navia  poden traer a súa comida de casa para xantar ao mediodía no centro de ocio Máis que Peques.

Á hora de facer a inscrición pódense escoller días soltos, semanas ou a quenda enteira. Os nenos que se apunten antes do día 11 de decembro teñen un pequeno desconto:

  • Día solto: 10 euros para abonado e 15 euros para os non socio
  • Semana: 45 euros para abonados e 70 para non socios
  • Quenda: 80 euros para abonados e 130 euros para non socios

As tarifas para quen se inscriba despois do día 11 son:

  • Día solto: 12,50 euros  para abonados e 17,50 euros para non socios
  • Semana: 50 euros para abonados e 75 euros  para non socios
  • Quenda: 90 euros  para abonados e 140 euros para non socios

Para quen apunte a máis dun irmán e para os que se inscriban no horario de madrugadores ou mediodía hai descontos especiais. As incricións poden formalizarse en calquera dos puntos de atención ao cliente dos centros de Barreiro, Coia e Navia.