Chega a Máis que Auga Navia o II Encontro Internacional de Fitness Acuático Galicia Aqua Summit

11/02/2020

Os días 7 e 8 de marzo  Máis que  Auga Navia acollerá o segundo Encontro Internacional Galicia Aqua  Summit, que nos permitirá coñecer as últimas tendencias do fitness acuático.

 

Será a segunda edición deste evento que se celebra en Máis que Auga e coa que se dá un salto de calidade, con respecto ao ano anterior, tanto a nivel de contido como de profesorado.  Máis que Auga, como empresa, sempre manifestou a súa preocupación pola formación constante e a reciclaxe do persoal, para estar ao día das últimas tendencias no sector. Con Galicia Aqua Summit, o obxectivo é liderar a revolución da auga: Dar a coñecer as novas tendencias, tanto a nivel de equipamento como de métodos de ensino.

 

Este evento está dirixido aos profesionais de sector, aínda que na programación inclúese unha  masterclass gratuíta para os nosos abonados. Así, o noso persoal e todas aquelas persoas que se inscriban neste encontro, terán a oportunidade de aprender dos mellores e coñecer as últimas novidades do sector sen ter que saír de Galicia, como sucede habitualmente.

 

Que nos ofrecerá Galicia Aqua Summit?

Francisco Esteban, de Portugal Aquatranning, explícanos en que consiste Galicia Auqa Summit. “É un movemento para empezar a revolución acuática en Galicia. Traeremos de todo o mundo grandes profesionais, que están na xestión das piscinas, na rehabilitación acuática, en auga fitness, que é a tendencia de agora, e en natación infantil. Son os catro alicerces, que queremos compartir con todos, con visións internacionais”.

 

Este encontro está dividido en tres bloques (conferencias, talleres e  masterclass), nos que poderemos contar cun profesorado internacional especializado nestas novas tendencias do fitness acuático.

O sábado pola mañá teremos catro conferencias sobre como se traballan as actividades de auga en instalacións doutros países e pecharemos a sesión matinal coa mesa de debate “pasado, presente e futuro do fitness acuático”, na que participarán todos os conferenciantes.

 

Tamén o sábado celebraranse os workshop. O primeiro terá lugar pola mañá e versará sobre “Exercicios acuáticos rehabilitadores da columna vertebral”, a cargo de Tatiana Maximova. E xa pola tarde realizaranse dous máis: “Metodoloxía do ensino en adaptación acuática” e “Aqua Xfit, a tendencia do Cros Fit na auga”.

 

O domingo 8 de marzo será o momento das masterclass, estando reservadas as dúas primeiras (Funcional  Circuit e  CCVFitness) para os nosos abonados e abonadas (gratuíta). A continuación ofreceranse: 2  training (Vasco Sousa), Aqua  Powerful ( Tatiana  Maximova), Aqua  XFit (Stefano  Monaco),  Raggea  Power (Francisco  Estevao) e Aqua  Relaxing ( Tatiana  Maximova).

 

Prezos. Os profesionais do sector que se queiran inscribir teñen diferentes opcións. Para aqueles que pretenden realizar todas as formacións (xestión, 3   worshop e  masterclass)  o custo será de 70 euros, antes de 20 de febreiro, e de 100 euros despois. Se só queres facer unha formación o prezo será de 40 euros (antes de 20 de febreiro) e de 60 despois e no caso de que queiras dúas formacións os prezos serán de 60 e 80 euros, dependendo das datas de inscrición. E por último, se o que che interesan son as masterclass o custo é de 50 euros (ata o 20 de febreiro) e de 70, despois. Podes consultar toda a información sobre o evento e rexistrarte en:

h2otraining