Chano Rodríguez, quinto posto na proba de 200

09/09/2016

9.9.2016

O nadador paralímpico Chano Rodríguez acadou o 5º posto e diploma olímpico na final de 200 metros libres nos Xogos Paralímpicos de Río 2016 cun tempo de 2:50:53. A proba, gañada con claridade polo brasileiro Daniel Día, deixou moi boas sensacións para o noso deportista, que competía nesta primeira proba coa vista posta nas de 50 e 100 metros, que se disputarán os días 12 e 17respectivamente.

O noso compañeiro en Máis que Auga, Alex Brea, adestrador de Chano, tiña marcada unha estratexia baseada en “saír nos primeiros 50 cos demais e colocarse logo tras o francés Theo Curin, para acelerar nos últimos 50”. Finalmente o francés quedou en cuarto posto, xusto por diante de Chano.

Na paralimpiada de Londres 2012, Chano obtivo a medalla de prata nesta distancia cun tempo de 2:43:11, por detrás do insuperable Daniel Días, con 2:27:83.

calsificacion 200metros libres