CANLE DE WHATSAPP DE MÁIS QUE AUGA PARA URXENCIAS E ÚLTIMA HORA

02/02/2024

Arrinca un novo servizo en Máis que Auga, que nace co obxectivo fundamental de mellorar a comunicación cos nosos usuarios/as!  Imos poñer en marcha unhas canles de WhatsApp para as tres instalacións de Máis que Auga, que terán como obxectivo prioritario manter unha comunicación máis eficiente e directa sobre urxencias, avarías, cancelacións de última hora ou outros anuncios importantes.

 

Ata o de agora acudiamos ás redes sociais para este tipo de situación, pero pensamos que non chegaban a todo o mundo e as veces non serven para estes momentos de emerxencia e con pouco tempo de reacción. Por iso, poremos en marcha estas canles que serán unidireccionais e anónimas, de forma que non estarán expostos os datos dos usuarios/as. Ninguén poderá ver o número de teléfono doutras persoas, polo que a identidade dos nosos socios e socias estará protexida.

 

Como funcionará este servizo? Debes ser ti mesmo quen solicite darse de alta na canle WhatsApp. A continuación deixámosvos as ligazóns coas canles das tres instalacións e ao acceder a calquera delas te aparecerá un botón a dereita para darlle a “seguir”. E non esquezas pulsar a campá para activar as notificacións e así estar ao día de todo o que suceda no teu centro. Por certo,  se queres darte de baixa, poderás realizalo sen problema algún cando consideres.

 

A continuación tes as ligazóns para as canles dos tres centros:

Confiamos en  que esta nova iniciativa de Máis que Auga, que nace co obxectivo de dar un servizo máis rápido, directo e efectivo aos nosos usuarios e usuarias, vos sexa útil para estar ao día das últimas novas.