Campus Máis que Peques: divertirse e mellorar a vida social e afectiva

21/06/2018

Para os máis pequenos da casa, Máis que Auga ofrece en Navia unha alternativa para o verán no Campus Máis que Peques, adaptado ás necesidades lúdicas, sociais e afectivas dos nenos e nenas entre 3 e 6 anos.

Como explica a responsable do servizo, Beatriz Aparicio, “Máis que Peques é un espazo diferente, nunhas instalacións acondicionadas con xogoteca, sala de usos múltiples e terraza ao aire libre que proporciona o entorno máis estimulante para as actividades de convivencia con fins educativos, sociais e afectivos dos máis pequenos”.

O Campus de verán ten un horario amplo de 9.30 a 13.30 horas, pero para atender ás necesidades dos pais que durante a etapa estival teñen horarios intensivos, o período pode ser extendido cun pequeno custe a maiores, desde 8.00 a 15.00 horas, coas opcións Madrugadoiro e Mediodía.

Durante todo o tempo que pasan no campus, os rapaces e rapazas están atendidos por monitores profesionais. Como son persoal estable, os nenos e nenas familiarízanse rapidamente con eles, o que contribúe a integralos rapidamente nos xogos e actividades pensadas para eles.

Ese factor de familiaridade é un dos aspectos máis coidados no programa dos campus. Os pequenos teñen ocasión de liberarse das tarefas rutineiras do día a día na casa, e dun certo estrés que acompaña a vida familiar hoxe en día, con idas e voltas, recollidas e traslados onde participan pais e nais e familiares. Mergullados nun espazo tranquilo e creativo como Máis que Peques, os rapaces melloran as súas capacidades sociais, aprenden a compartir e a agardar a súa quenda. Tamén no aspecto afectivo desenvolven unha maior autoestima: son máis abertos cos demais e menos tímidos.