Campus de Semana Santa, en Máis que Auga Barreiro

Chegan as vacacións de Semana Santa e tamén os problemas para pais e nais, que teñen que compaxinar o traballo cos seus fillos. Así, dende Máis que Auga presentamos unha proposta diferente para os máis pequenos. O centro deportivo de Barreiro acollerá o Campus Multideporte de Semana Santa que se celebrará os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril para nenos de 5 a 14 anos.

Xogos acuáticos, natación, deportes colectivos, pádel, xogos tradicionais… Moitas actividades para gozar durante tres intensos días. Todos os interesados podedes informarvos nos centros de Máis que Auga. O prazo de inscrición finaliza o día 26 de marzo.