Campamentos do Nadal 2015 para os máis pequenos

26/11/2015

Máis que Auga ten preparados divertidos e didácticos campamentos de Nadal para os teus nenos, de xeito que  os máis pequenos da casa teñan a posibilidade de pasar unhas vacacións diferentes, cheas de xogos, deportes e actividades variadas.

 

Os campamentos, que se organizan nas instalacións de Barreiro e Navia, entre os días 21 de decembro e 5 de xaneiro. Os nenos de 3 e 4 anos realizarán o Campamento do Nadal en Máis que Peques Navia, mentres que os rapaces de 5 a 14 anos gozarán do seu campamento nas instalacións de Barreiro  ou Navia.

 

Xa podes inscribirte nos campamentos e se o fas antes do día 11 do Nadal, terás descontos especiais. Ademais, os que asistan ao campamento completo (10 días) recibirán de obsequio o mes de xaneiro de balde na actividade de Máis que Peques Chef, mentres que para aqueles que realicen o campamento dunha semana terán de agasallo media mensualidade de xaneiro do taller Máis que Peques Chef. Se hai dous irmáns ou máis inscritos, terán un 15% de desconto.

 

Folla de prezos

INSCRICIÓNS ANTES DO 11 DE NADAL

QUENDA (10 D)SEMANA (4D)PREZO 1D
SOCIOS80€36€10€
NON SOCIOS100€46€12,5€

INSCRICIÓNS DESPOIS DO 11 DE NADAL

QUENDA (10 D)SEMANA (4D)PRECIO 1D
SOCIOS90€42€12€
NON SOCIOS120€53€14.50€