Cal é o segredo de Carmen?

05/12/2016

Cal é o segredo de Carmen Nores para chegar tan estupenda de corpo e mente aos 90 anos? Díficil sabelo. Pode ser xenética ou pode ser o feito de que non foi quen de parar ao longo de toda a súa vida.

Carmen é socia de Máis que Auga Coia  dende que abrimos o centro no 2010.  Sempre lle gustou bailar e de pequena chegou a practicar ballet. Carmen, consciente da importancia do exercicio para levar unha vida sana sempre procurou facer ximnasia pola súa conta  na casa. Aos 60 anos participou nunha carreira na súa vila natal en Cangas  pero a primeira vez na súa vida que pisou un ximnasio foi cando cumpríu os 84 e dende aquela non falta nunca.

Tanto ten que brile o sol ou que caían chuzos de punta: Carmen acude puntual dúas vece á semana ás nosas clases de pre pilates, zumba e aqua power en Coia. Toda a actividade que fai en Máis que Auga axúdalle a combatir a súa artrose e a respirar mellor: “Cando saio de aquí procuro lembrar o que me din nas clases, poñer os ombreiros rectos e meter a barriga para dentro”, di

Carmen asegura que non ten ningún complexo por ser a maior de todo Máis que Auga, o que lle importa é sentirse ben e sobre todo non estar queta, non parar. Se cadra, aí está o segredo.