Buscamos máis socios satisfeitos e activos!

01/03/2020

Queres formar parte da familia Máis que Auga? Queres ter unha vida máis activa e satisfactoria? Pois este é o momento! Se necesitabas unha pequena axuda, estás de sorte. Do 2 ao 15 de marzo teremos en marcha a campaña “Satisf-accións”, pola que poderedes facervos socios en calquera dos nosos centros (Barreiro, Coia e Navia) coa matrícula gratis.

 

Consulta na recepción dos nosos centros as condicións da oferta e non esquezas que deberás acceder a esta ligazón e encher o formulario. Así, a tramitación da alta será moito más rápida, cando acudas aos nosos centros. Tamén podes facerte socio a través da páxina web, se así te resulta máis sinxelo.

 

Ademais, a campaña terá unha dobre vertiente, porque queremos premiar a fidelidade dos nosos abonados e abonadas. De forma que se algún amigo ou familiar dase de alta na primeira quincena de marzo decindo que ven da túa parte, terás unha mensualidade gratuita para ti (o abonado activo) e o teu recomendado, matrícula gratis. Así que, dobre premio!

 

Os vosos testimonios

E non os perdades nos próximos días os vídeos que amosaremos a través das nosas redes sociais, nos que os protagonistas son socios e socias de Máis que Auga. Como ben sabedes para a nosa empresa o noso principal valor sodes todos os que formades parte da  familia Máis que Auga e por iso, queremos coñecervos e que nos contedes en primeira persoa que papel ocupa MQA na vosa vida.

 

*Como sempre, a campaña non será acumulable a otras promoción e so poderás acollerte a ela no caso de que te deras de baixa de Máis que Auga hai máis de catro meses (antes do 30 de novembro)