Black Friday con matrícula de balde!

22/11/2016

En Máis que Auga gústanos celebrar o Black Friday ao grande! Por eso pensamos en algo que che poda gustar e decidimos esto: regalarte  a matrícula só se te das de alta pola web o día 25 de novembro.

Tes dende as 00.00 horas ás 24.00 horas do venres  25 para facelo. Aproveita esta promoción a golpe de click!

Cal é o prezo da matrícula? O mesmo importe que o abono que contrates. En cada un dos nosos centros de Barreiro, Coia e Navia tes estes cinco abonos:

  • Individual adulto, de 26 a 59 anos:  36, 35 euros en Barreiro, Coia e Navia
  • Individual xove, ata 25 anos:  24,35 euros en Barreiro e Coia e 25 euros en Navia
  • Individual 3ª Idade, a partir dos 60 anos: 21,90 euros en Barreiro e Coia e 22,50 en Navia
  • Individual matinal: 18,20 euros dende as 7.00 horas ás 13.30 horas, de luns a venres en Barreiro e Coia . En Navia tes bono matinal de 7.00 horas a 12.00 horas de luns a venres cun prezo de 19,00 euros. Tamén hai un  bono matinal mediodía de 22 euros, dende as 7.00 horas ás 16.00 de luns a venres
  • Discapacitados: 18,20 euros en Barreiro e Coia  e 19 euros en en Navia
  • Familiar:  36,50 euros en Barreiro e Coia  e 37,50 euros en Navia