BENEFICIOS DO FOMENTO DA ACTIVIDADE FÍSICA NA PRODUTIVIDADE EMPRESARIAL

25/04/2019

As enfermidades crónicas ocupan hoxe en día un gran espazo nas causas de absentismo por enfermidade e afectan á produtividade laboral. Por este motivo é fundamental fomentar a actividade física e a práctica deportiva no seo das empresas, principalmente naquelas nas que os seus persoais realizan un traballo sedentario.

Nas últimas décadas, a sociedade está a sufrir un profundo cambio no estilo de vida, cada vez con menos actividade física e unha peor alimentación (comida rápida). Todo iso está a provocar un empeoramento da saúde dos cidadáns. A inactividade física é o cuarto factor de risco de mortalidade a nivel mundial e provoca o 6% de todas as mortes.

Segundo as estatísticas de Accidentes de Traballo, do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, en 2016 producíronse 476 accidentes laborais mortais en España en xornada de traballo. Deles, 219 foron por infartos ou derrames cerebrais, o que representa o 46%. A causa destas enfermidades relaciónase, claramente, con factores de risco  prevenibles e hábitos de vida  modificables con educación para a saúde e estratexias de promoción da saúde nos lugares de traballo.

Un estudo do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo ( INSST),  publicado en novembro de 2015, mostrou que un 13,1% da poboación laboral presenta  hipercolesterolemia, que a tensión arterial elevada aparece no 10,6% da poboación analizada e que a diabetes se observa nun 3,2% da poboación, sendo máis frecuente en homes que en mulleres. Neste estudo, analizouse tamén a frecuencia coa que se realiza actividade física no tempo libre, e observouse que o 41,9% da poboación traballadora analizada non realiza exercicio no seu tempo libre, sendo esta porcentaxe superior nas mulleres que nos homes (45,8% e 38,6%, respectivamente).

Os datos  reflicten que o 34,3% da poboación traballadora ten un traballo sedentario, ao estar sentada a maior parte da xornada laboral, e un 45,5% das persoas pasan de pé a maior parte da xornada laboral sen efectuar grandes desprazamentos.

Todos estas cifras amosan que as empresas, especialmente aquelas en as os seus persoais desenvolven tarefas sedentarias e/ou repetitivas, deben favorecer de forma directa ou indirecta que as persoas empregadas poidan levar a cabo actividade física antes/durante/despois da súa xornada laboral.

Neste sentido,  Máis que  Auga ten un programa de colaboración con empresas, “Máis que Auga Empresas”, que ten como obxectivo fundamental axudar ás compañías a que os seus traballadores estean máis sans, activos, felices e, por tanto, produtivos. Todas as entidades interesadas neste programa poden solicitar información nos nosos centros ou ben a través do correo electrónico info@maisqueauga.com