Beneficios do adestramento de forza en nenos e adolescentes

01/08/2019

O adestramento de forza en nenos e adolescentes está plenamente recomendado polas organizacións científicas encargadas de velar polo adestramento saudable destas poboacións. Os beneficios derivados da práctica deportiva superan en moito os riscos, sempre e cando estean supervisados por técnicos cualificados.

Estas evidencias científicas provocaron as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) para que os máis novos realicen adestramento de forza co obxectivo de reforzar a saúde, as adaptacións físicas e mellorar o rendemento deportivo, sempre que estes programas estean supervisados por profesionais cualificados.

Ademais as experiencias positivas en educación física a idades temperás asócianse co mantemento da actividade física durante o resto da vida.

Por todos estes motivos, en Máis que Auga abrimos as portas da sala fitness aos adolescentes de 14 anos  e temos en marcha actividades de forza dirixidas para estas idades como o wodfit kids, wodfit xoves ou o taekwondo. En todos estes programas trabállase a forza das e dos nenos sempre dirixidos por técnicos profesionais,  que adaptan os exercicios ás idades dos protagonistas e tentan convertelo nun xogo para que as e os participantes gocen da actividade.

No seguinte enlace podedes ler un interesante artigo sobre este asunto, no que se explican os beneficios do adestramento de forza en idades temperás e tamén se desmontan mitos ao respecto.