Auga para todos os gustos

13/12/2018

Máis que Auga é, en esencia, máis que auga. Pero, como non podía ser doutro xeito, as actividades acuáticas forman parte imprescindible da nosa oferta.

Se preferides ir ao voso aire, podedes gozar das piscinas ou do spa sen normas, sen horarios, para entrenar ou relaxarvos. Pola contra, se sodes máis de que vos guíen, temos unha chea de propostas. En primeiro lugar, a clásica natación, en catro niveis diferentes que se axustan á vosa demanda. E, se o que buscades é un chisco máis de ritmo, as actividades de Aquagym, Zumbauga e Costas Sas son para vós.

En Máis que Auga pensamos en todos os públicos. As mulleres embarazadas tamén poden gozar da súa actividade específica, Embarazauga. A clase está pensada para mulleres dende o terceiro ao oitavo mes de xestación, ou do terceiro ao sexto despois do parto.

E os maiores de 60 poden realizar actividades específicas na auga, destinadas a potenciar a coordinación, tonificación e flexibilidade.

Se sodes aínda máis atrevidos, prestade atención: temos para vós varios programas especiais coma o Mqaquatraining, un circuito de forza, resistencia e traballo aeróbico, que combina actividades dentro e fora da auga. Se o voso é o nado de longa distancia, en tempada estival podedes participar no noso grupo de travesías, indicado para nadadores de nivel.

Os pequenos e pequenas da casa tamén teñen o seu espazo en Máis que Auga. Durante a fin de semana, habilitamos horarios e rúas nas nosas piscinas para que as familias e nenos poidan xogar libremente con material lúdico. Tamén poden vir cos seus compañeiros do colexio como actividade extraescolar.

A auga poñémola nós, a decisión é vosa.