Atréveste a queimar 5.000 calorías con Máis que Auga?

09/04/2018

Podémolo dicir de moitas maneiras, pero o reto que plantexamos aos nosos usuarios e usuarias en Máis que Auga é o de queimar 5.000 calorías… en dúas semanas. E como o faremos? Pois facendo exercicio e divertíndonos, coma sempre, pero desta vez acompañando a acción cun socio tecnolóxico que nos permite levar ao detalle o noso progreso no reto.

Os nosos amigos de LifeFitness organizan este desafío en España e ti podes participar uníndote a algún dos grupos dos tres centros Máis que Auga. Para elo teremos que seguir unha serie de pasos que iremos dando a coñecer aquí e nas nosas redes sociais, ata o inicio do reto que será a semana do 16 de abril.

O primeiro aspecto importante: para participar nesta experiencia temos que equiparnos cunha aplicación móbil gratuíta chamada Wefitter. E como fago iso?

Moi simple: nos centros Máis que Auga instalaremos carteis que informan do reto e que levan un código QR que podes escanear para descargar a aplicación. Wefitter será a nosa base de operacións, a app a través da que mediremos a nosa actividade no reto e, sobre todo…. a que nos vai identificar como membros do grupo de cada centro Máis que Auga.

Durante esta semana daremos o resto dos detalles desta experiencia aquí ou nas redes sociais e o noso persoal de atención ao cliente de Barreiro, Coia e Navia poderá informarvos dos pasos a seguir, que estarán tamén detallados en pequenas ilustracións que distribuiremos nesta web e tamén nas redes para que ninguén se perda este reto para queimar calorías de Máis que Auga xunto a LifeFitness.

Os premios

  • Para o gañador (a persoa que máis calorías consuma dos tres centros): unha mensualidade gratis en calquera dos nosos centros. Para os outros 2 gañadores: curso gratuíto de 1 día á semana durante un mes.
  • Os segundos de cada centro: terán de balde unha sesión de fisioterapia de 30´.
  • Os terceiros de cada centro: recibirán un pack sorpresa.
  • Entre os que finalicen o reto sortearanse 10 camisetas de Máis que Auga e 10 Toallas de Máis que Auga.