As promesas do taekwondo rétanse en Máis que Auga Navia

20/06/2016

Os alumnos de taekwondo de  Máis que Auga, uns 80 en total entre nenos e nenas, teñen unha cita o domingo 26 de xuño en Máis que Auga Navia, onde se disputa o III Campionato de Taekwondo Máis que Auga. A competición comeza ás 11.00 horas na sala multideporte da instalación.

Os pequenos (entre 4 e 14 anos) teñen que demostrar as súas habilidades nun campionato de técnica. A actividade supón tamén o fin de festa da tempada, á que as familias están convocadas. Ao remate da competición todos están convidados a gozar na piscina de Navia con xogos e actividades.

María Bautista, a xuíz árbitro internacional de taekwondo e profesora de Máis que Auga, coordina o evento. O sábado 25 de xuño Bautista dirixe a 6 alumnas e alumnos que van competir no torneo Cidade de Ourense.