As novas tendencias do fitness, protagonistas en Máis que Auga

10/12/2014

O traballo de forza volve a cobrar protagonismo en Máis que Auga. Dende hai uns meses apreciamos nos nosos centros que está a cambiar a tendencia e cada vez é maior o número de persoas que apostan polo traballo interválico de alta intensidade ou o adestramento de forza.

E precisamente este é o camiño que amosa o AMERICAN COLLEGE OF SPORTS MEDICINE. Coma todos os anos presentou un estudo a nivel mundial coas novas tendencias cara ao ano 2015 e, seguindo a tendencia dos dous últimos anos, insiste no traballo de forza, interválico, circuítos, crossfit, ademáis de programas específicos para maiores e nenos, así como actividades ao aire libre. O director técnico de MQA, Francisco Cortegoso, explicou que “este estudo amosa cara a onde van as novas tendencias en materia de fitness e nos permiten  planificar as nosas actividades, mellorar a formación dos nosos traballadores e adecuarnos as demandas da sociedade, posto que estas novas tendencias acaban chegando a España cada vez en menos tempo grazas as novas formas de comunicación viral ”.

Máis que Auga presenta unha oferta variada que poda cubrir a todos os sectores da poboación, moi en liña co estudo realizado polo AMERICAN COLLEGE OF SPORTS MEDICINE. Desta forma, contamos con actividades para aqueles que prefieran un traballo de alta intensidade (MQBodycross, MQPower, TRX® Training, MQAquatrining, etc.)  pero sen esquecer as actividades que tamén aparecen no estudo, como son as de mantemento, programas para adultos (en auga e seco), saídas ao exterior en grupos (cada vez máis en tendencia e con máis seguidores enMáis que Auga a través dos nosos grupos de running e travesías) e por suposto aquelas tendencias que aínda que deixan de ter presenza no estudo, seguen tendo moita demanda no usuario de MQA, como son as actividades coreografiadas(Zumba, MQKI-Zomba, MQLatinos, MQAero-ton, MQStep-ton, etc.)