AS NOVAS BICIS DE CICLO INDOOR DE NAVIA ESTÁN A ESPERARCHE!

27/02/2022

En  Máis que Auga Navia estamos coma se fose Nadal, co noso agasallo de Reyes: As bicis de ciclo indoor IC5 de  Life Fitness que acabamos de estrear! Son bicicletas modernas, de última tecnoloxía, máis sensibles… e ademais preciosas! Un instrumento de traballo que ofrecerá ao usuario/a unha experiencia máis realista, divertida e dinámica.

 

Se vos falamos desde o punto de vista do técnico/a, a principal vantaxe deste novo equipamento é que permite individualizar o traballo. A bici mide a capacidade de cada participante e establece os seus niveis de potencia e resistencia, e o técnico visualiza o rendemento de cada un dos usuarios e adecuar a dificultade ás súas condicións.

 

Ademais, estas bicicletas contan co programa de software MyRyde, que permite realizar as actividades de ciclo nunha atmosfera moi realista (ofrece unha ampla variedade de roteiros ciclistas), o que fará que os adestramentos sexan máis lúdicos e divertidos. E é que o técnico poderá marcar retos, xogos ou obxectivos ás persoas que participan na clase, que poden ver na pantalla a posición na que se atopan en todo momento, así como o seu rendemento. Todo iso vese reflectido nunha clase dinámica, esixente, participativa e tremendamente divertida.

 

Outra das características que nos chama a atención destas bicicletas é a súa  pedalada, moito máis realista grazas á ergonomía do modelo, “polo que parece que vas nunha bici de rúa ou de montaña”.

 

Pero por moi ben que vos expliquemos, non hai palabras que nos permitan transmitir o que sente sobre a nova bicicleta  IC5, que podedes atopar en Navia, onde acabamos de estreala, ou en Barreiro, que foi onde chegou en primeiro lugar. Así que só podemos dicirvos: Probádea! Iso foi o que fixeron Liberdad e Victoriano, os que nos conta a súa experiencia ao saír de clase. Liberdad destacou que “estas bicis teñen moitos máis alicientes, máis alternativas e motívanche a crecer máis e seguir mellorando”, por iso non dubida en sinalar que “o cambio é marabilloso e estamos todos encantados”.

 

Pola súa banda, Victoriano sinalou que “as bicicletas están moi ben, a diferenza é importante” e explicou que o que máis lle gusta é que pode ver na pantalla os niveis e o seu rendemento sobre a bicicleta: “Sabes realmente onde estás e iso esíxeche a chegar ao nivel marcado polo técnico”.