AS NOSAS MÁQUINAS DE CARDIO LIFE FITNESS, UNHA COMBINACIÓN PERFECTA DE DEPORTE E ENTRETEMENTO

09/03/2022

Moitas veces coámonos nas nosas clases de sala ou de auga para contarvos como é a experiencia dos nosos usuarios e usuarias, pero hoxe fomos á sala  cardio en  Coia, para ensinarvos as nosas máquinas de última xeración de  cardio  Life Fitness, que ofrecen, ademais dun completo adestramento, a posibilidade de entretemento mentres fas deporte.

 

E quen coñece mellor que ninguén o noso equipamento? Evidentemente, os nosos técnicos, así que acudimos ao noso compañeiro Andrés Viana en busca dunha fonte fiable de información. E que foi o primeiro que destacou destas máquinas?: “O deseño, a sinxeleza e a utilidade, que fan das máquinas de  cardio o mellor aliado tanto para os que empezan, como para aqueles que buscan levar máis lonxe os seus límites”.

 

Ademais, podemos adaptar o traballo á nosa capacidade e para iso sempre teremos preto aos nosos técnicos/as, tal e como nos conta Andrés: “O interesante das máquinas de  cardio é que nos permiten facer o noso propio adestramento, xa que se adaptan a nós. E para iso temos a axuda experta dos nosos técnicos, para recomendarnos diferentes adestramentos de  cardio segundo as nosas necesidades; como unha parte illada ou xunto a outros exercicios ou clases”.

 

Que nos imos a atopar cando utilicemos unha das nosas  Life Fitness? O primeiro é que tes a túa disposición un produto de última xeración, que é moi sinxelo de utilizar e con conectividade para facilitar a experiencia. A nivel “deportivo” podemos destacar que vai analizando todos os datos (quilómetros, calorías, ritmo, frecuencia cardíaca, velocidade, inclinación…), que activa o teu sistema  cardiorrespiratorio o que significa un incremento nos niveis da capacidade respiratoria e na osixenación de sangue, reduces o nivel de estrés pola liberación de hormonas… Ademais, o consumo de enerxía vai acorde ao ritmo e ao tempo empregado. “Dependendo do tempo e a intensidade, lograremos consumir máis enerxía (calorías)”, explica Andrés.

 

Pero ás veces queixámonos de que facer cinta ou bici resúltanos aburrido, algo que aquí temos máis que solucionado. Desde a consola da máquina poderás optar por algunha das opcións de entretemento que che presenta (TV, Netflix, Youtube, internet, noticias, xogos…), ademais de que podes traer a túa música ou as túas series ou películas nunha memoria USB e poder gozar diso a través da pantalla.

 

Outra opción! A nós encántannos os percorridos virtuais, nos que mesturas deporte, con visitas a lugares espectaculares, dos que inclúe información. Así, desde  Máis que  Auga poderás facer unha escalada pola Gran Escalinata (en Estados Unidos), ou realizar roteiros por Alemaña, Australia, Nova Zelandia…

 

Pero como sempre vos dicimos cando compartimos as nosas visitas, só hai unha maneira de coñecelas:  Cálzate as zapatillas, ponche roupa deportiva e proba as nosas máquinas, que terás á túa disposición en calquera dos nosos centros. E para calquera dúbida, terás aos nosos técnicos/as á túa disposición. Non teñas medo de consultarlles, estarán encantados de atenderche e axudarche!