piscina-mqa

ARRINCA A NOVA TEMPADA EN MÁIS QUE AUGA!

31/08/2022

Preparados para arrincar? Zapatillas, pantalóns ou mallas, camisetas do trinque… Imos a pola nova tempada Máis que Auga! Finalizan as vacacións e regresa a actividade ao cento por cento nos nosos centros, con máis de 1.200 clases á semana (sala, piscina e pádel). Sexa cal sexa o teu perfil, seguro que atopas a actividade feita para ti, o teu técnico/a favorito/a e os teus compañeiros ideais. Imos velo!

 

Barreiro

 

Como ben sabes, en MQA sempre contas con piscina, sala e spa, pero ademais en Barreiro dispós dun box e dun complexo deportivo de pádel, o que se ve traducido nunha ampla oferta para todas e todos, de todas as idades e condición física. E non podemos esquecer a xogoteca (luns e mércores), onde os menores xogan e pasan un bo rato, sempre supervisados por un técnico, mentres os maiores adestran. Pero ademais, hai actividades especiais para nenos/as, que van desde taekwondo a ballet kids (actividades de pago) ou zumba, woodfit ou invicto, entre as incluídas no abono.

 

E claro, sen esquecer as clases de piscina (para nenos e adultos) ou as de pádel (tamén para todas as idades).

 

A continuación, tes as ligazóns coa programación tanto en auga, como sala e pádel, para que contes con toda a información necesaria.

Coia

 

Fantástica a programación de Coia, tanto en piscina como en sala, onde non deixaron nin un oco libre para tratar de chegar a todas e todos (desde os máis pequenos ao público de máis idade). Coia tamén dispón de actividades especiais para os máis pequenos da casa e, como novidade, incorporou actívate kids, unha clase dirixida aos máis pequenos, na que se traballará a psicomotricidade, “para ensinarlles a facer ben as cousas”.

 

E se ti es dos que prefiren a piscina, contarás con máis de 200 clases á semana (desde primeira hora da mañá a última da tarde) para todas as idades e niveis. De destacar, que se aumentou o número de clases de aquagym, unha das propostas máis solicitadas. Así, se incorporaron dúas sesións máis (martes e xoves pola tarde).

 

Non dubides en consultar a programación desde as seguintes ligazóns.

Navia

 

Finalizamos o noso paseo no centro de Navia, onde tamén podes gozar do pádel (todas as pistas son cubertas e co céspede oficial do World Padel Tour), e do novo box recén estreado na planta alta da instalación, dedicada a todos aqueles que aposten polo woodfit, e sempre contando cunha atención técnica personalizada.

 

Entre as novidades para a tempada 22/23, imos destacar a clase de TikTok Dance, para mozos/as de 8 a 14 anos, e a clase de kettlebell (ou pesas rusas) nas clases express, que se realizan na propia sala fitness.

 

A continuación, tes as ligazóns coa programación de Navia.

Se queres contratar unha actividade antes de que se esgoten as prazas, non dubides en realizalo a través da nosa páxina. É un proceso rápido e sinxelo, seguindo as indicacións que che vai xerando a propia páxina. Aquí tes a ligazón.