Campeon de trail en gimnasio Vigo

Aroa Sío, unha muller sen escusas

02/04/2017

Aínda que coste creelo Aroa Sío, subcampiona mundial de open de trail, comezou neste mundo por  un mal entendido. Hai dous anos deixou de fumar e tomou a decisión de adestrar en Máis que Auga Coia. De adolescente practicaba atletismo así que optou por actividades de alto rendemento coma total training e bodicross.

“Busca medios e non poñas escusas” di Aroa. Fiel á súa filosofía de vida busca tempo de onde sexa para adestrar e superarse a sí mesma. Un día decidiu competir con outros e apuntouse a unha carreira de cross que finalmente resultou ser un trail. Este malentendido cambioulle a vida.

Aroa é unha muller á que non lle amedrentan os retos. Todo o contrario. Fixo o trail e gañouno! Dende aquela, a súa carrerira foi  imparable. Acumula vitorias, medallas, trofeos e semella que non hai marcha atrás neste ascenso.

A atleta cóntanos que o trail é duro pero moi gratificante: “Eu non quero un cochazo, nin un chalé…a min me deixas no monte cunhas zapatillas e son feliz”, explica. Para todos os que comecen a practicar trail apunta un consello: “Coller aire, non agobiarse, e gozar de todo o que tes ao teu redor mentres corres. E, por suposto, unha  boa  preparación”.

O próximo reto de Aroa está en Euskadi no mes de maio: a Zegama Aizkorri, a proba de probas nas carreiras de montaña,onde o desafío é superar os 42 quilómetros de percorrido e os máis de 5.000 metros de desnivel. Toda a sorte do mundo, Aroa, e grazas por ser tan Máis que Auga!